Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Muxía rende homenaxe aos voluntarios

O vindeiro sábado o Concello de Muxía organiza xunto coa Confraría de Pescadores e a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA) unha serie de actividades para homenaxear a todos os voluntarios que viñeron limpar as praias e boleiras do Concello de Muxía, así como para recordar ao mesmo tempo a catástrofe vivida hai 10 anos. O acto central desta homenaxe terá lugar ás 18 horas no Salón de Actos do Voluntariado no... Read More

Aberto o prazo para inscribirse no Maratón Fotográfico Ramón Caamaño

O Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural de Muxía Natural convocan o Maratón Fotográfico Ramón Caamaño. Un concurso que sobre todo propón manter viva a memoria do fotógrafo muxián Ramón Caamaño, e tamén procurar a dinamización turística e cultural do concello a través da promoción do patrimonio natural e artístico dos distintos lugares do concello. Para participar no concurso é preciso inscribirse antes do día 6 de novembro.... Read More

O castro das Barreiras é un afortunado

Pódese dicir que o Castro das Barreiras é un afortunado. As doces liñas das súas murallas, redondeadas polo paso do tempo locen agora de maneira impresionante e fan xirar o pescozo a todo aquel que pasa ó seu carón pola Avenida de Fisterra. Alí viviron os devanceiros dos vimianceses, traballando as mesmas terras que nutriron ós seus fillos. Pouco a pouco, estes miran de novo á obra dos seus avós esquecida e desprezada pola ignorancia durante... Read More

Cee non esquece a obra de Domingo Antonio de Andrade

A obra máis coñecida de Andrade é sen dúbida a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago. /Foto: Marcos do Espiritusanto/ Domingo Antonio de Andrade é sen dúbida un dos artistas máis importantes que existiron en Galicia. O próximo día 12 de outubro cúmprense 300 anos da súa morte e o Concello de Cee ten preparadas unha serie de actividades para conmemorar esta data. Entre elas destacamos  unha exposición da vida e obra de Andrade, un ciclo... Read More

O castro das Barreiras saca o espírito arqueólogo en Vimianzo

O Castro das Barreiras de Vimianzo é o centro maila razón da celebración das Xornadas Castrexas na capital soneirá. Unhas conferencias que nacen coa idea e o obxectivo de poñer en valor e coñecemento este incrible monumento arqueolóxico que impacta na paisaxe do Val. De feito, esta noite ás 21.30h está previsto un acto simbólico reivindicativo para pedir a súa escavación inmediata. Dende a Asociación Cherinkas mailo Seminario de Estudos... Read More

“O patrimonio debe ser un negocio para todos pero de xeito transparente” Manuel Gago

No serán do venres asistimos á presentación de Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI na libraría pontecesana A tenda dos libros. A obra de Xurxo Ayán (Lugo, 1976) e Manuel Gago (Ribeira, 1976) recolle “as súas experiencias coa xente do país no eido da arqueoloxía e a comunicación ao longo de quince anos”. Dende a súa saída do prelo, os autores xa fixeron presentacións en varias... Read More

Buscando a Grandimirus

Os do sur da Costa da Morte coñecen Brandomil como lugar de paso de camiño a Compostela; unha aldea como tantas outras da comarca, cruzada pola AC-441 que a simple vista non esperta ningún interese especial , agás cando se nos desvía a vista á dereita cara a ponte do século XVI que salva o río Xallas. Se puidésemos retroceder no tempo, a cousa sería ben distinta. A fermosa ponte puido ter ascendencia romana. /Foto: Manuel Rial/ Quen puidera... Read More