“Recibir apoio das institucións públicas é fundamental para promover a cultura como piar fundamental do desenvolvemento social.” Olga Fidalgo pta da ARCE Pedras Miúdas.

Olga Fidalgo, Presidenta da ARCE Pedras Miúdas Pedras Miúdas nace no ano 2008 en Lires (Cee) co obxetivo de recuperar vellas tradicións como as danzas de arcos ou das patelas, así como para promover a actividade cultural na zona. Ao longo da súa traxectoria vimos como desde a entidade se levaron a cabo diversas iniciativas como exposicións fotográficas, foliadas, xornadas ecolóxicas e deportivas e un longo etcétera. Certo é que co paso do... Read More

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Cee aínda é bonito!

Os lectores do Compás xa coñecen ao Cormorán Asustado, ese gran afeccionado á arquitectura que nos trae algunhas das xoias urbanísticas realizadas ó longo da Costa da Morte. Pois hoxe queremos inaugurar unha sección completamente diferente, o contrapunto ao Cormorán. Sabemos de sobra que temos as paisaxes máis fermosas e tamén, por desgraza, as vilas máis feas e desfeitas. Pero aínda queda esperanza. Quedan recunchos onde a arquitectura... Read More

“Universo Pitágoras ofrece unha visión divertida das matemáticas” Rocío Leira

Nunha academia compostelá Rocío Leira dá clases aos universitarios que precisan un reforzo nas súas carreiras. Doutora en matemáticas, con especialidade en matemática aplicada á enxeñería, dedica o seu tempo libre á súa outra paixón: escribir. Aínda que a priori isto pareza contradictorio, Rocío Leira desmonta os mitos sobre que as persoas teñan que escoller entre números ou letras. Despois de gañar unha longa lista de premios literarios,... Read More

“Breizh é un diálogo entre as fisterras atlánticas” Miro Villar

“O haikaísta atento capta a instantaneidade, tal apretar o botón da cámara.” O oitavo mandamento do haikai, de Masuda Goga, deixa ben claro en que consiste este poema. Unha pílula de literatura ben concentrada en tres versos, cunha estrutura de 5/7/5 sílabas. Estrutura que elixe Miro Villar (Cee, 1965) na súa última obra: Breizh (Ed. Toxosoutos, 2012). Nela trata de enlazar as fisterras atlánticas de Galicia e Bretaña cunhas inusuais... Read More

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Segunda parte)

Pica aquí para ler a primeira parte. A viaxe en barco pola ría de Corcubión dende O Pindo impresiona a Audrey F. G. Bell.  Todas as sensacións que vai recollendo neses momentos (os cantares dos mariñeiros, as casas brancas, as cores da auga, o son da fala…) fan levar ó inglés a pensar en Grecia. De feito, para el o país galego é “unha mestura de Escocia ou Cumbria con Italia ou Grecia”, e pouco ten que ver coa Suíza ibérica da... Read More

“Non preciso máis duns segundos para facer unha foto pero si moitas horas para atopar o momento a plasmar.” Marcos Rodríguez

Fotografiar a Costa da Morte é fotografiar mar, auga, praias, rochas, en definitiva, a natureza. As imaxes de Marcos Rodríguez contan con todo isto así como cunhas características ben marcadas. Gusto polos amenceres e solpores, o amarelo e o laranxa  dos primeiros ou últimos raios de sol, un sol que moitas veces se atopa agochado tralas nubes. Gusto polo discorrer da auga, xa sexa en calma ou captando o bater das ondas contra as rochas nun día... Read More

Carteleira do 18 ao 24 de xaneiro

Entre as carteleiras dos multicines de Cee e Carballo contamos con 9 filmes distintos. Desde Compás ofrecémosvos unha breve sinopse para que poidas decidirte por unha. El hombre de las sombras, de Pascal Laugier, é un thriller que conta a historia da desaparición de nenos nunha vila estadounidense. Atribúense as desaparicións ao chamado “Home Alto”. Cando lle levan o fillo de Julia, a protagonista, esta non só intentará atopalo senón... Read More

Carteleira do 11 ao 17 de xaneiro

Entre as carteleiras dos multicines de Cee e Carballo contamos con 8 filmes distintos. Desde Compás ofrecémosvos unha breve sinopse para que poidas decidirte por unha. Operación E, dirixida por Miguel Courtois, é un drama ambientado en Colombia, que trata o tema das FARC aínda que deixando a política nun segundo plano. O mundo enteiro está pendente da liberación dun neno secuestrado pola guerrilla pero, afastado de cámaras, atopamos a historia... Read More

“Gústame o galego con acento venezolano, mexicano ou romanés”

Escoitarase moitas veces por aí dicir que “co galego non se vai a ningunha parte” ou outras “perlas” polo estilo. Pero non deben pensar o mesmo as 30 persoas estranxeiras que participaron no Obradoiro de integración lingüística e cultural, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, e que tivo lugar entre o 15 de novembro e o 20 de decembro de 2012. Persoas chegadas de países tan distintos... Read More

Páxina seguinte »