‘Costa da Morte': Cando o mar é un todo.

Dise que quen nace no mar, botarao de menos sempre que se atope lonxe del. Resulta difícil, coma galego e habitante dunha vila de costa, achegarse a un filme coma Costa da Morte e non sentir a brisa mariña que tantas penas cura cando as cousas non semellan ir tan ben coma deberan. E é que a cinta de Lois Patiño, que xa é por méritos propios o novo enfant terrible do panorama audiovisual galego actual, entrega coa súa ‘Costa da Morte’ a... Read More

“A Costa da Morte foi sempre para min un espazo máis imaxinario que real” Lois Patiño, autor de Costa da Morte

Actualizado 17.08.2013 A pesar da súa xuventude Lois Patiño xa é dos referentes do chamado Novo Cinema Galego. Despois de triunfar arredor de festivais e museos de todo o mundo coas súas curtas experimentais e videoinstalacións, o cineasta vigués dá o paso á longametraxe cun filme documental gravado na Costa da Morte. E non lle foi nada mal, porque acaba de levar o premio ao Mellor Director Emerxente no 66º festival de Locarno. A obra... Read More

A aventura do cine no Corme da posguerra

Unhas das características inherentes á Costa da Morte é a súa natureza salvaxe. Ademais dos valiosos produtos da terra e o mar, a paisaxe tamén pode ser fonte de riqueza como escenario para localizar as historias de ficción do cine e a televisión. A presenza dunha produción audiovisual non só aporta beneficios para o lugar no momento da gravación, senón tamén a súa proxección como destino turístico máis alá das nosas fronteiras. Recentemente,... Read More

Carteleira do 30 outubro ao 8 de novembro

A carteleira desta semana tráenos á Costa da Morte 8 filmes distintos. En Cee temos a estrea de Skyfall e El Fraude (Arbitrage), que se unen a Hotel Transilvania e Lo imposible En Carballo exhíbense por primeira vez Skyfall, Salvajes e Atraco!, xunto con Hotel Transilvania (tamén en 3D), Magic Mike, Lo imposible e Las aventuras de Tadeo Jones, que repiten na carteleira. Desde Compás da Costa dámosche as claves para que te decantes por... Read More

Carteleira do 21 ó 27 de setembro

A carteleira desta semana tráenos á Costa da Morte tan só 5 filmes distintos. En Cee podes acudir ás salas para ver Desmadre de padre, Desafío total, Los Mercenarios 2 e Las aventuras de Tadeo Jones (tamén en 3D). En Carballo exhíbense Desafío total, Desmadre de padre, Las aventuras de Tadeo Jones, Los mercenarios 2 e Ted. Velaquí os horarios. Desde Compás da Costa dámosvos as claves para que te decantes por algunha delas. Desmadre... Read More

Unha mañá de promoción con “Vilamor”. Fotogalería

Non agardan polo espectador senón que “petan á súa porta” para que este vaia ó cine.  Así nos atopamos hoxe pola mañá co director e dous dos protagonistas de Vilamor no IES Isidro Parga Pondal de Carballo. Despois de repartir folletos da película entre os estudantes, montar o cartel promocional, preparar a proxección do tráiler e presentarse ante o público, Ignacio Vilar, Sabela Arán e Xoel Yáñez comezaron unha charla, que o propio... Read More