Domingo de Entroido en Carballo

Por Sofía Caamaño Deus O cheirume a pedra mollada mesturábase onte, en Carballo, coa dozura do algodón de azucre e co espírito entroideiro que comunicaban a chegada da tradicional comparsa. A rúa Coruña interpretaba o rol de fiestra e deixaba entrever a festexada que se estaba celebrando na praza do concello. A música venceu a choiva que tentara, nun intento errado, arruinar a marea de cores e personaxes que invadían os arredores carballeses. Os... Read More

As comparsas de Piñata triunfan na Costa da Morte

Ademais dos numerosos enterros de sardiñas, percebe, Mikaela, Caietano e Farruco, o sábado foi día de concursos de Entroido na Costa da Morte. O último celebrouse en Baíñas, cita que conseguiu sorprender pola enorme cantidade de público e as ganas de festa dos seus asistentes. O lacón con grelos e as filloas non faltaron malia estarmos xa en tempos da coresma, e a troula continuou máis aló da medianoite. Houbo premios para disfraces individuais... Read More

As festas infantís e as comparsas, principais protagonistas do Entroido en Malpica

O concello de Malpica celebra o Entroido desde hoxe ata o próximo domingo 17. Máis dunha semana de festexos na que non faltarán os tradicionais concursos de comparsas ademais de personaxes habituais como a Mikaela, o Faustino e o Farruco. O entroido comeza esta tarde na localidade costeira cunha Festa Infantil na Ludoteca Municipal de 17.00 a 18.30 horas (só para os rapaces e rapazas da Ludoteca) Mañá venres, de 10.00 a 11.30 horas, haberá... Read More

Entroido en Laxe co Caietano

O día grande do Entroido en Laxe será o vindeiro 10 de febreiro, cando haberá desfile e festa de comparsas, dinamizada polo tradicional Caietano e un par de grupos de animación de zancudos da compañía Troula Animación. O programa complétase durante a semana do entroido con obradoiros pola mañá os días 11, 12 e 13, destinados aos rapaces dende os 4 aos 12 anos. Por outra banda, as tardes dos días 13 e 14 estarán ocupadas con obradoiros... Read More

Corcubión xa ten todo listo para o Entroido

Cartel do Entroido 2013 O vindeiro día 9 de febreiro as comparsas e os amantes do Entroido teñen que facer a súa parada en Corcubión. A cita terá lugar ás 4 da tarde na praza de Castelao despois de que todos os concursantes participen no desfile que percorrerá as rúas da vila. En caso de choiva, a cita terá lugar na Casa da Cultura. Cabe citar que o concurso vai constar de dúas modalidades: individual ou parella, onde haberá un 1º, 2º... Read More

Muxía e Dumbría gardan os postos da fin de semana para o Entroido

Xa non quedan máis días libres no Entroido. Se o luns se vive en Vimianzo e o martes é o día grande de Fisterra, Muxía convoca o concurso de disfraces para o sábado 9 e Dumbría para o domingo 10. No Concello de Muxía están decididos este ano a recuperar a tradición do Entroido polo que haberá novidades desta vez. O gran pasarrúas de carnaval sae do Cabo da Vila ás 5 da tarde do sábado 9 para rematar na carpa do malecón onde será a... Read More

Fisterra e Vimianzo contan os días para o Entroido

O concello co Entroido de máis sona da Costa da Morte xa está listo para coller as carautas, ó presentar hoxe o cartel destas festas. O sábado terá lugar o desfile de disfraces e das comparsas participantes ó son das gaitas para rematar na Praza da Constitución onde o baiés Jorge Mira lerá o pregón. O domingo está pensado para que os cativos sexan os protagonistas. Ademais de xogos e bailes haberá un concurso de disfraces no que os grupos... Read More