O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico importante, máis que a nosa propia vontade e agarimo para facervos... Read More

A memoria de Man, o máis visto de decembro

Despois das vacacións de Nadal, o Compás volve con folgos para comezar o 2013. Facémolo botando a vista atrás, ó decembro dun ano que xa quedou no pasado. Hoxe coñecemos as reportaxes e artigos que máis chamaron a atención dos nosos lectores e comezamos o “top 5″ desta vez polo máis lido. 1º A pegada de Man continúa O éxito da reportaxe biográfica sobre Manfred Gnädinger no aniversario da súa morte demostra que dez anos... Read More

A atrevida entrevista a Sés, o máis visto de novembro

Sempre que comezamos un novo mes botamos a mirada atrás para coñecer os artigos que máis chamaron a atención ós nosos lectores. Novembro foi un mes marcado polo aniversario da catástrofe do Prestige, algo que queda salientado nesta lista dos máis vistos. Agora que entramos no derradeiro mes do ano revisamos nun ranking os cinco artigos máis lidos do mes. 5º As imaxes que deron a volta ao mundo. No día do décimo aniversario da maior catástrofe... Read More

Os frikis de Vimianzoo, o máis visto en outubro

Outubro é para moitos o comezo dunha nova etapa. E deste xeito inauguramos este primeiro domingo de novembro unha nova sección que continuaremos realizando todos os primeiros domingos de mes. Para todos aqueles que se perderon algúns dos artigos dun outubro na Costa da Morte, recuperamos os cinco artigos máis vistos durante ese mes para que poidades revisalos. 5º: “Durante o proceso de elaboración de Gin Sea non entra en xogo nada que... Read More

Aquí hai fraga! – Directo á Carballeira (Concurso)

Era o século XX. Toda a Finisterrae está sendo ocupada por especies invasoras chegadas de máis aló dos mares… Toda? Non! Aínda quedan espazos virxes poboados por irreductibles carballos, bidueiros ou castiñeiros que resisten todavía e sempre ó invasor… A historia do primeiro concurso do Compás ben puidera comezar así. Queremos dar a coñecer a esas valentes fragas e bosques autóctonos que resisten ás repoboacións masivas,... Read More

Esta tarde preséntase Compás da Costa

Logo de dous días de navegación pola Rede, o Compás da Costa pisa terra para presentarse. O auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo é o escenario escollido para dar a coñecer á nova revista cultural da Costa da Morte. Falaremos das nosas seccións, de como xurdiu a idea, de que queremos conseguir ou do funcionamento da web. Con nós estarán o grupo de teatro A Cara Descuberta cunha peza ideada para as Letras Galegas que fala sobre a lingua,... Read More

Vimianzo amosa o propio na Semana das Letras

O concello de Vimianzo aproveita a Semana das Letras pra facer unha mostra das escolas de teatro e música do concello, dentro ciclo do «noso mes das letras». O Día das Letras, xoves 17, os actores máis pequenos interpretarán ás 6 e media da tarde no Auditorio dúas obras que levan preparando todo o curso.  A primeira, da Escola de Vimianzo, será A gata con botas , un conto infantil revisado do que faltan algunhas páxinas do libro, polo... Read More