Na rede de novo!

Volvemos. Soa estraño estar escribindo sobre a volta do Compás cando nunca se dixo “adeus”. Ese “adeus” foise retrasando porque no fondo non críamos nel. Era un… “véxote agora”. Lonxe queda a nosa última publicación; un chisco máis lonxe aquel  17 de maio de 2012. Este medio online para comunicar a axenda e a cultura da Costa da Morte xurdiu con moita ilusión e con visión de futuro. Se ben é certo que as circunstancias persoais... Read More

Fala do Compás!

Máis visual, máis completo e máis propio. O Compás renova a súa faciana cun novo deseño da web, na que buscamos reforzar a nosa identidade gráfica, co vermello “burdeos” do noso logo-petróglifo que agora inunda de cor a páxina entre o gris, o branco e o negro. Unha portada máis visual Tamén poderás acceder dunha maneira máis visual e atractiva ós contidos; algún deles novo, coma o tempo por comarcas, para saber se che vai... Read More

Os frikis de Vimianzoo, o máis visto en outubro

Outubro é para moitos o comezo dunha nova etapa. E deste xeito inauguramos este primeiro domingo de novembro unha nova sección que continuaremos realizando todos os primeiros domingos de mes. Para todos aqueles que se perderon algúns dos artigos dun outubro na Costa da Morte, recuperamos os cinco artigos máis vistos durante ese mes para que poidades revisalos. 5º: “Durante o proceso de elaboración de Gin Sea non entra en xogo nada que... Read More

“Brandomil. A chave de Roma”, primeira reportaxe audiovisual do Compás

“Agora daselle importancia, pero nós ó pasado, vaia por Deus, non lle damos importancia ningunha!” Así de sincera se amosaba María, unha das veciñas de Brandomil, que atendeu sen reparo ás nosas preguntas. A aldea romana, o lugar afundido que rexurdiu dos seus cimentos e que agora volve ó abandono co avellentamento da poboación. Esa aldea é a protagonista da primeira reportaxe audiovisual do Compás da Costa. Un documental moi... Read More

Música, teatro, obradoiros e exposicións na Semana Cultural de Zas

Un ano máis o concello de Zas concentra as súas actividades culturais na semana que precede á Carballeira de Zas. Dende o 29 de xullo ata o 5 de agosto os veciños e visitantes disfrutarán dun programa completo que traerá música, manualidades, gastronomía, teatro, obradoiros e exposicións á vila soneirá. As actividades ocupan as xornadas ao completo e están pensadas para todas as idades. Na súa posta en marcha colaboran as asociacións... Read More

Aquí hai fraga! – Directo á Carballeira (Concurso)

Era o século XX. Toda a Finisterrae está sendo ocupada por especies invasoras chegadas de máis aló dos mares… Toda? Non! Aínda quedan espazos virxes poboados por irreductibles carballos, bidueiros ou castiñeiros que resisten todavía e sempre ó invasor… A historia do primeiro concurso do Compás ben puidera comezar así. Queremos dar a coñecer a esas valentes fragas e bosques autóctonos que resisten ás repoboacións masivas,... Read More