Concertos que souberon a pouco en Valarés

O sol, esta vez si, fixo acto de presenza na praia de Balarés. Quizais por iso os festivaleiros foron máis madrugadores. Unha xornada musical desde a praia para aqueles que non quixeron desaproveitar un dos poucos días de bo tempo. Por certo, foi o único festival no que non choveu esta temporada? Pero non só desde o areal, pois a pé dos escenarios habilitados en dúas zonas distintas a xente tamén gozou coas actuacións de día. Combinación... Read More

Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na Costa da Morte temos a sorte de contar co segundo festival de música... Read More

Con V de diversión, con V de Valarés

A néboa non impediu que a xente estivese en Balarés gozando dos concertos durante o día. [FOTOS: Noelia Antelo] The Bright actuaron na sesión vermú. Amencía con néboa en Balarés, co B ou co V, dá igual. A estas alturas seguimos preguntándonos cal é o correcto ou se é cuestión idiomática. A néboa fixo un pequeno amago de despexar para que o sol polo menos acompañase en boa parte dos concertos da zona Seagram’s que tiveron lugar durante... Read More

Con V de Valarés confirma parte do seu cartel

Aínda quedan varios meses para o verán pero os máis festivaleiros xa están desexando que cheguen as citas musicais á Costa da Morte. Para facer máis ganas, o festival Con V de Valarés anunciou parte do cartel. Os tres grupos confirmados neste momento son Los Coronas, El Columpio Asesino e Amable Dj. A cita este ano será o 17 de agosto na praia pontecesá. Los Coronas Con dez discos ás súas costas, están consolidados no panorama estatal.... Read More

Punto final a un verán de festivais

O xeados máis solicitados fóronse esgotando nos bares, o sol foi quentando cada día un pouco menos, as verbenas foron acabando…foi rematando o verán. E os que tamén acabaron foron os festivais, ata o ano que vén. A época estival é propicia para organizar e asisitir a concertos e, se nunha mesma noite son varios mellor. Iso seguro que foi o que pensaron os organizadores dos festivais que na Costa da Morte supoñen citas ineludibles no calendario... Read More

A chuvia foi a banda sonora protagonista en Valarés

“V de vai chover” escoitábase ás 4 da madrugada en Balarés. O rapaz que o dicía estaba sendo irónico, pois a tormenta de verán xa caera na praia pontecesá. De feito, quedaba boa noite, incluso calorosa. Pero o peor xa pasara. A zona de acampada era unha lameira, o recinto dos concertos outro tanto e o festival cancelado. Segundo a organización o problema foi a gran cantidade de auga caída en pouco tempo e o estancamento da mesma que conlevaban... Read More

Con V de Valarés: rock, pop e ata flamenco

O próximo sábado 18 Valarés énchese de música. Chega á praia pontecesá Con V de Valarés SON EG 2012, cun cartel envexable composto por grupos de pop e rock indepente da esfera musical española. Grupos que durante este verán non paran de xirar polos festivais máis importantes a nivel nacional e incluso europeo, como o caso de Fuel Fandango, e outros que son habituais en salas de concertos onde enchen en cada actuación. En palabras da propia... Read More