Coñecendo Vimianzo dende os catro puntos cardinais

Vimianzo é máis ca un castelo. Dolmens; aldeas, cruceiros e igrexas medievais, castros, tumbas romanas e suevas, montes… Todo isto se pode visitar en bus turístico, nas rutas que organiza o Concello cada domingo de verán, e que chegan xa á súa recta final. Por el pasaron xentes de puntos de toda a Península: dende Valencia, Madrid, Bizkaia ou La Rioja. Tamén veciños do propio concello, que se animaron a coñecer a fondo o que teñen... Read More

Camariñas vive o Nadal co I Festival do Circo

Durante cinco días o espírito do circo e do clown animará ós veciños do concello de Camariñas co I Festival do Circo. Celebrarase en Camariñas durante os días 26, 27 e 28 e na Ponte do Porto durante o 29 e o 30. A entrada para os espectáculos é de balde e todos comezan ás 6 da tarde. Espectáculo de Ringo Rango. Camariñas, na Casa de Pedra – Ringo Rango (26): Tres pallasos surrealistas nun cóctel impensable a todo ritmo. –... Read More

Os carteiros reais xa pasaron por Ponteceso

O Carteiro Real xa vai ben cargado estes días cos centos de sobres onde se gardan as ilusións dos nenos de Ponteceso. Durante estes días estiveron recollendo as cartas en galego polos colexios do concello. O Nadal xa está ás portas. Carteira Real. /Foto: Concello Ponteceso/ O sábado 22 celebrarase o XVI Certame de Corais ás 20:30 horas na Igrexa dos Remedios de Corme, na cal participarán as corais do concello máis unha convidada de Betanzos. Para... Read More

O Nadal en Fisterra comeza este venres

Cartel da programación do Nadal fisterrá 2012 O programa cultural e deportivo de Nadal do Concello de Fisterra dará comezo o vindeiro venres cun obradoiro de elaboración de centros de mesa de Nadal en Sardiñeiro. Para participar é preciso inscribirse antes do 13 de decembro no teléfono 981740001. O obradoiro continuará o sábado 22 de decembro. Cabe citar que gran parte do programa deste ano céntrase nos máis cativos, destacando a videoconferencia... Read More

O Pazo da Cultura de Carballo conmemora o centenario do asociacionismo mariñeiro

A exposición “Ondas da Irmandade II” consta de diversa documentación histórica, maquetas, fotografías, vídeos, esculturas, cancións e material audiovisual co que se pretende conmemorar o centenario do asociacionismo mariñeiro, rendendo unha particular homenaxe aos pescos e pescas de Galicia, unha xente que estivo toda a súa vida ligada ao mar. O acto de inauguración, o venres 23 de novembro, contou coas explicacións do comisario... Read More

Cantos para arrolar en galego

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza un obradoiro de nanas dirixido a nais e pais, presentes ou futuros, así como a outros familiares e formadores que queiran aprender ou practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés. De impartir o obradoiro encargarase o músico bergantiñán Xabier Díaz, que é cantante do grupo Berrogüetto e que, entre... Read More

Para ser lembrados en galego

Aqueles que acudiron aos camposantos no día de Defuntos poderían pensar que o galego non existe, pois alí a súa presenza é practicamente nula. O mesmo ocorre coas necrolóxicas dos xornais, onde non pasa do 1%. Para poñer fin a esta anormalidade nace a campaña Galeg@ para sempre, que pretende fomentar o uso da lingua en todas as cuestións relativas á morte, tales como, funerarias, notas necrolóxicas, lápidas, cintas de coroas florais, recordatorios... Read More

Tecnoloxía 2.0 para coñecer o territorio

O Concello de Ponteceso vén de presentar unha interesante iniciativa turística chamada Os camiños do mar. O proxecto pretende recuperar e poñer en valor todo o texido inmaterial vinculado ao entorno mariñeiro que ten como escenario o territorio do concello. De igual maneira, conxuga ecoturismo, patrimonio histórico, cultura mariñeira e novas tecnoloxías. O achegamento ao territorio Os camiños do mar vertébrase arredor de dúas rutas de sendeirismo.... Read More

Ponteceso fala na voz dos seus veciños

No serán de hoxe terá lugar a presentación pública de Ponte na Fala, que trata de recuperar e conservar a literatura popular oral de Ponteceso. O acto central estará guiado pola conferencia de Antonio Reigosa, que falará dos valores literarios e simbólicos do proxecto. Así mesmo, será unha oportunidade para que se reúnan os informantes e intercambien contos e cantigas. Por outra parte,  ás 11 de mañá, realizarase un obradoiro de arrolos,... Read More

O protagonista en Laxe é o teatro afeccionado

Se en Carballo está o FIOT en Laxe non queren ser menos e programan tamén para outubro un mes de teatro. A diferenza do nomeado festival, na vila mariñeira o protagonista é o teatro afeccionado. A IV Mostra de Outono de Teatro (MOTA) ofrecerá actuacións de balde todos os domingos de outubro. Por segundo ano consecutivo, a MOTA está organizada pola Asociación de Teatro Folerpas en colaboración co concello de Laxe e a deputación da Coruña.... Read More

Páxina seguinte »