“Non descartamos prolongar este período de ausencia e volver cun disco enteiro debaixo do brazo”, Martín Loureiro, voz dos Machina

Machina son Martín Loureiro á voz, Ángel Iglesias á batería, Gonzalo Grela á guitarra e Ángel Aguiar ao baixo. Gañadores dos Premios da Música 2013, son unha das referencias do metal en Galicia. Cantan en galego con letras comprometidas con cada época social e non lle gustan as etiquetas, xa que prefiren que sexa o propio ouvinte quen os defina. Desde Cerceda, levan máis de dez anos en activo mais non foi ata o 2006 cando comezan a súa... Read More

“Eu son contestataria dende que nacín. Á xente igual lle sorprende. Á miña nai, non.” Sés

Ela non é fada nin princesa a quen mirar. María Xosé Silvar arrasa por onde vai coa forza que, di, lle vén da Costa da Morte. Válese do son dunha guitarra e dunha pandeireta para percorrer as vilas do noso país, e dende un pequeno grupo xa se foi abrindo paso cara os grandes da música galega ó atreverse a falar a lingua propia en xéneros musicais nos que o noso oído aínda non está acostumado a oíla, coma o blues por exemplo. “Sés”,... Read More

A Praza dos Libros de Carballo arranca este xoves

Carballo converterase un ano máis na capital da cultura da Costa da Morte a próxima fin de semana. Desde o xoves 23 ao domingo 26 de agosto a capital bergantiñá acolle a Praza dos Libros, feira literaria que o concello organiza desde o ano 2006 co obxectivo de levar á rúa e achegarlle á cidadanía diversas creacións literarias galegas. Praza dos libros 2011. /Foto: Noelia Antelo/ A boa nova desta edición é o aumento de casetas participantes,... Read More

“Nos concertos dos Heredeiros sábese como se empeza pero non se sabe como se acaba”, Tonhito de Poi

Os Heredeiros da Crus téñeno moi claro. “En Malpica tocamos hai un mogollón de anos e a festa foi monumental polo que temos moitísimas ganas de estar alí de novo”, comentaba onte Tonhito de Poi, un dos membros desta exitosa banda de Ribeira que naceu nos anos 90 e que demostrou que o rock tamén se pode facer en “jallejo”. Logo dun tempo de descanso, os xa considerados como os Rolling Stone galegos regresaron de novo o pasado mes de marzo... Read More