“Era o momento axeitado para sacar o disco, porque a coral medrou en calidade”. Isidro Caamaño, da Coral Neria

Hai uns cinco anos nacía na Costa da Morte unha nova Coral con ánimo de comarca. O seu nome, a Coral Polifónica Neria-Costa da Morte, deste xeito, malia que os ensaios se realizan en Cee a Coral non quere enmarcarse en ningún concello concreto: son cantantes na súa maioría de Cee, Vimianzo e Carnota. Dende a súa creación teñen viaxado por numerosos lugares ensinando a calidade do seu conxunto vogal. Agora deciden sacar o seu primeiro disco Amencer... Read More

O apalpador pasou por Lires cargado de castañas para os máis cativos

O Apalpador visitou Lires. /Foto: Merche Caamaño/ A pasada fin de semana celebrouse en Lires o festival de Nadal da Asociación Recreativa Cultural e Educativa Pedras Miúdas. Un encontro que se caracterizou polo bo ambiente e pola confraternización entre diferentes asociacións da Costa da Morte. O festival arrancou arredor das 5 da tarde cunha festa infantil amenizada por pallasos que deixaron as caras dos máis pequenos cheas de pintura e aos... Read More

“O noso repertorio é diferente porque pensamos que a xente está cansada de oír o típico”

O 29 de decembro de 2002 un grupo de dezaoito coralistas cantaron catro panxoliñas na igrexa de Baio. Así nacía a Coral Polifónica Xan Mella, do encontro de dúas personalidades singulares: José Rojo, Pepe de Valiña, dinamizador cultural da vila, e Tatiana Pankrátrova, profesora de música bielorrusa. Dende aquela, veñen cantando polas catro provincias galegas, Asturias, León, Madrid e Portugal. Despois de gravar dous discos, recentemente... Read More

A Coral Polifónica Virxe da Barca actuará mañá no Paraninfo da Universidade de Santiago.

A directora da Coral muxiá, Charo Vázquez acompañada de varios integrantes da Coral durante a celebración das festas da Barca. /Foto: Paco Toba/ A música da Coral Polífona Virxe da Barca soará mañá, día 29, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. A actuación atópase enmarcada dentro dun acto de homenaxe ao letrado Manuel Martín que está organizado pola Fundación Amigos de Galicia. Trátase dun acto de carácter pechado... Read More

Un outono de luxo para a Casa da Cultura de Vimianzo

Preto dunha ducia de espectáculos, do máis alto nivel nacional e sen ter que pagar un peso. Parece incrible, pero é verdade. Trátase da programación dos domingos da Casa da Cultura de Vimianzo, que volve ser temática: outubro será tempo de teatro; novembro, tempo de música e decembro, tempo de Nadal. Tempo de teatro O teatro comeza xa nas últimas horas de vida de setembro, coa representación da Función do tequila, do Teatro do Morcego.... Read More

López Abente presente nas Letras de Muxía

O concello de Muxía celebra o día das letras cunha homenaxe a  Gonzalo López Abente, escritor muxián ao que xa se lle dedicaron as letras galegas no ano 1971. Ás 12 do mediodía terá lugar unha ofrenda floral no monumento que o autor ten dedicado na entrada da vila da Barca. Despois inaugurarase unha placa conmemorativa na casa na que viviu o poeta, así como tamén no cabo da Grixa, lugar de nacemento do escritor. O percorrido estará acompañado... Read More