Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

“Non queremos fabricar xente pro-palestina ou pro-árabe por ideoloxía, senón por causa e coñecemento.” Ghaleb Jaber, do AMAL

O outono en Compostela viña tendo nesta última década dúas citas cinematográficas ineludibles: Cineuropa e o Festival de cinema Euroárabe Amal. Pero este ano só quedan coa primeira opción, non haberá festival Amal tal e como se coñece, senón que este convírtese en mostra para realizar unha xira polas vilas galegas. O Amal chega por primeira vez á Costa da Morte grazas á man da Universidade Cromática das Virtudes e ó Concello de Corcubión.... Read More

Coñece a Costa da Morte coas “Andainas” desta primavera

Andainas 2013 Coñece a Costa da Morte, é o nome dunha iniciativa conxunta de varios concellos da nosa costa para coñecelos mellor grazas á práctica do sendeirismo. Paisaxe e deporte únense unha vez máis, nestas rutas organizadas a partir de abril e ata finais de maio. Sendeiristas no Cabo Vilán, o ano pasado. /Foto: Concello de Vimianzo/ A programación foi presentada en Vimianzo, concello organizador xunto con Camariñas, Corcubión, Muxía... Read More

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Segunda parte)

Pica aquí para ler a primeira parte. A viaxe en barco pola ría de Corcubión dende O Pindo impresiona a Audrey F. G. Bell.  Todas as sensacións que vai recollendo neses momentos (os cantares dos mariñeiros, as casas brancas, as cores da auga, o son da fala…) fan levar ó inglés a pensar en Grecia. De feito, para el o país galego é “unha mestura de Escocia ou Cumbria con Italia ou Grecia”, e pouco ten que ver coa Suíza ibérica da... Read More

Entroido na Costa da Morte 2013

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas imprescindibles ou singulares, pero pinchando nos concellos resaltados... Read More

Corcubión xa ten todo listo para o Entroido

Cartel do Entroido 2013 O vindeiro día 9 de febreiro as comparsas e os amantes do Entroido teñen que facer a súa parada en Corcubión. A cita terá lugar ás 4 da tarde na praza de Castelao despois de que todos os concursantes participen no desfile que percorrerá as rúas da vila. En caso de choiva, a cita terá lugar na Casa da Cultura. Cabe citar que o concurso vai constar de dúas modalidades: individual ou parella, onde haberá un 1º, 2º... Read More

A Costa da Morte prepárase para o Nadal

Celebrar o solsticio de inverno no dolmen de Dombate. Esta é só unha das senlleiras propostas que se ofertan ó longo de toda a Costa da Morte para celebrar o Nadal dunha forma distinta e propia. Cabana propón unha noite máxica no centro de interpretación do megalito para conmemorar o 25 aniversario do comezo das escavacións arqueolóxicas no lugar. Outras propostas que miran ó Patrimonio son as rutas de sendeirismo, coma as de Muxía polos... Read More

300 euros en premios no VII Concurso de Fotografía de Corcubión.

A Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción Económica de Corcubión, organiza un ano máis e en colaboración coa Universidade Cromática das Virtudes e Foto Fuentes o Concurso de Fotografía de Corcubión. A temática do certame será libre aínda que se vai valorar positivamente que as imaxes sexan tomadas no termo municipal. Cartaz do VII Concurso de Fotografía de Corcubión Para participar será preciso presentar as imaxes en papel fotográfico... Read More

Corcubión agarda polo Serán San Roque

Asociación e Veciños San Roque está a organizar unha tarde de festa tradicional. De feito, un serán non é máis que unha reunión nocturna de carácter festivo, malia que na Costa da Morte adóitase empregar máis o termo ruada. A troula dará comezo ás 14 horas cun xantar de confraternización. Despois da comida, ás 17 horas, a organización ten preparada unha clase de baile galego para principiantes onde aprenderán nocións básicas da danza... Read More

De cando Corcubión se librou do Arcebispo

Heilles contar, interrómpanme se me alongo, como o señor Gomes de Riobóo conseguiu acabar coa vida do capitán Caamaño, a serpe adestradada do Arcebispo Rodrigo de Luna. Nas terras da fin do mundo fálase moito da batalla librada entre as tropas da Igrexa e o pobo de Corcubión, fermosa vila que pecha a ría do mesmo nome. O pobo agardaba á loita. /Foto: Jesús Bermúdez/ Era aló polo 1457, un venres no que o pobo celebraba o seu tradicional... Read More

Páxina seguinte »