A aventura do cine no Corme da posguerra

Unhas das características inherentes á Costa da Morte é a súa natureza salvaxe. Ademais dos valiosos produtos da terra e o mar, a paisaxe tamén pode ser fonte de riqueza como escenario para localizar as historias de ficción do cine e a televisión. A presenza dunha produción audiovisual non só aporta beneficios para o lugar no momento da gravación, senón tamén a súa proxección como destino turístico máis alá das nosas fronteiras. Recentemente,... Read More

Ponteceso e Corme súmanse aos bailes de disfraces

O Concello de Ponteceso, como outros da Costa da Morte, quere seguir fomentando a tradición do Entroido, polo que un ano máis terá lugar o Desfile de Disfraces na vila. A cita é o domingo 10. Ás 5 da tarde comezará o desfile con todos os participantes. Estes sairán da praza do Relleno e percorrerán vestidos de antroideiros as rúas ata chegar ao pavillón. Esta parte suspenderase en caso de chuvia. Con todo, a festa está asegurada no dito... Read More

Piel de Salitre, unha novela con aires de Corme

Este venres a libraría A tenda dos libros de Ponteceso vai acoller a presentación da novela de Piel de Salitre, de Juan mariñas. Ademais do propio autor asistirán ao acto representantes da editorial coruñesa Espacio Cultura. Esta novela centra a súa historia nunha vila ficticia da Costa da Morte chamada Sorte, que os lectores identifican coa vila de Corme. Na historia cóntanse as peripecias de personaxes, en moitos casos reais, que viven soportando... Read More

Gary Cooper, protagonista do cine de setembro en Corme

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme comeza hoxe co seu ciclo de cine adicado a Gary Cooper, despois do realizado no mes de agosto no que o protagonista foi Cary Grant. Os venres de setembro aparecerá na pantalla o actor estadounidense Gary Cooper, gañador de tres Oscars, un pola súa actuación en Sargento Yorks, de Howard Hawks; outro polo filme Solo ante el peligro, de Fred Zinnemann; e un honorífico recoñecendo a súa extensa... Read More

Mareas que seguen moi vivas – Alba Reigada

Os recordos que se teñen da infancia son do máis aleatorios e sen sentido. Hainos para todos os gustos, bos, malos, memorables, divertidos e en moitos casos veñas de onde veñas e naceras onde naceras, son similares: o momento de abrir os presentes no Nadal, as primeiras caídas por mor de aprender a andar na bicicleta, os baños na piscina ou no mar cos pais e irmáns… Son imaxes que van conformando os primeiros anos de vida dunha persoa... Read More

Cary Grant protagoniza un ciclo de cine en Corme

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme organiza un ciclo de cine neste mes de agosto. Adícanlle as sesións ao actor Cary Grant, quen protagonizou moitos clásicos de Hollywood. A escolla consta de cinco filmes nos que o atractivo actor, ao que lle concederon o Óscar honorífico en 1970, comparte cartel con diferentes actrices. As proxeccións son de balde todos os venres ás 10 da noite no local da Asociación de Veciños. O único... Read More

A carón da Vía Láctea

Por José Manuel Menéndez (Asociación Ambiental Senda Nova). Tardou en chegar a noite. Cando nos visitou xa tiñamos andado varios centos de metros, os máis costentos. As primeiras rampas de saída da aldea de Quintáns, na parroquia de Gándara ( Zas) foron duras e serviron de previa aos exercicios de quecemento que tan ben dirixe Mikael. Foron necesarios, pois a subida fíxose longa, ata que fomos deixando os pinares e pouco a pouco vendo o... Read More

“Non podemos dicir a fórmula do éxito da Festa do Percebe porque nin nós mesmos sabemos cal é”, Xabier Pombo, presidente da Asociación para a promoción do percebe do Roncudo

Corme hoxe é unha festa. Persoas de todas as idades e lugares chegan a esta vila mariñeira para celebrar un día polo que xa se agarda dun ano para outro. Que o “percebe do Roncudo é cojonudo” xa o sabemos e así nolo quixeron demostrar en anteriores campañas de promoción da festa. A do percebe do Roncudo é unha cita gastronómica que recibe a aqueles padais exquisitos que queren saborear o luxoso produto pero tamén atrae a todos os festeiros... Read More

Ponteceso aposta polas actividades deportivas na natureza no seu Programa de Verán 2012

O concello de Ponteceso presenta un completo programa de verán para todos aqueles que queiran facer algo distinto, combinando cultura, deporte e natureza. Durante xullo e agosto atopamos actividades pensadas para nenos pero tamén para adultos, así como outras nas que se pode desfrutar en familia. Para inscribirse na maioría das actividades o prazo comeza o 21 de xuño (para aquelas que teñen lugar en xullo) ou o 16 de xullo (para as de agosto).... Read More

Redeiras, oficio de mar en terra

O centro cultural de Ponteceso clausurou a semana pasada a mostra As redes, o noso traballo, coa que as redeiras da zona amosaron o seu traballo ós curiosos que ata alí se achegaron durante os meses de abril e maio. “A moita xente dislle que es redeira e pregúntache que é iso. Por iso decidimos expoñer o noso traballo, para que se saiba que é un oficio”, comenta Rosa Rodríguez, presidenta da Asociación Illa da Estrela de Corme (Ponteceso)... Read More