Para cumprir con Sanfins, salta obstáculos sen fin.

Cormorán… Uuuuh! Cormorán… Uuuuh! Cormorán… Uuuh! Cormorán… Uuuh! Xa non se me quita a cancionciña da cabeza! Estou do Puma e o pavo real, e o galo sube, e o gavián e a pomba ata o mesmo moñudo! Non estou feito para as verbenas, pero quixen achegarme a unha para vela en primeira persoa e ademais aproveitar para facer un pouco de visita cultural e antropolóxica. Por iso, onte achegueime a Sanfins, pero ó de Cambeda... Read More

Onde o bloque é o rei

É ben sabido que aos cormoráns coma min encántannos estar preto do mar. Baixo as augas está o noso alimento e non adoitamos  vivir lonxe da costa. Así e todo, o outro día pasei por un lugar preto do esteiro do Anllóns voando baixo. Reparei no lugar de Sinde, na parroquia de Canduas, ao ver unhas construcións máis que chamativas. Alí o bloque era o rei. Parece que aló polos anos sesenta cando os galegos volvían da emigración viñan cheos... Read More

O edificio inacabado de Quenxe

O edificio atópase nos arredores da praia de Quenxe Despois de pasar uns días de retiro pola desembocadura do río Anllóns visitando un acuario de rás improvisado, púxenme de novo a voar na busca de novas terras, mares e praias. Crucei entón media Costa da Morte para chegar a Corcubión. A vila de San Marcos ademais de ser coñecida polo seu casco medieval tamén ten moita sona por ter sido a primeira vila da Costa da Morte en sumarse á moda... Read More