O celme do feísmo agóchase preto do Anllóns

Un dos meus lugares favoritos para pasar unha boa tempada de reflexión e calma, cando por fin marcharon as aves migratorias, é sen dúbida o esteiro do Anllóns. Tan fermoso, tan rico en vida, tan multicultural e multiespecial… Quero dicir, que hai moitas especies. Por algo se está a poñer de moda alí o turismo ornitolóxico, que iso é algo que non chego a entender. Ducias de humanos ollando cara nós, con prismáticos, agochados, e nós... Read More

Deus apreta pero non afoga…

Os cruceiros son un símbolo da cristianización do pagán, de marcar co sagrado un cruzamento de camiños, unha desgraza ou mesmo, ultimamente, algo tan terreal coma os lindes dunha propiedade. En Trasouteiro, un pequeno lugar unido á zona urbana de Vimianzo pola rúa de Tedín, vemos de novo a obsesión do galaico por marcar as súas posesións sexa como sexa. San Francisco, de xeonllos, no cruceiro de Trasouteiro. /Foto: Manuel Rial/ O lugariño... Read More

Para cumprir con Sanfins, salta obstáculos sen fin.

Cormorán… Uuuuh! Cormorán… Uuuuh! Cormorán… Uuuh! Cormorán… Uuuh! Xa non se me quita a cancionciña da cabeza! Estou do Puma e o pavo real, e o galo sube, e o gavián e a pomba ata o mesmo moñudo! Non estou feito para as verbenas, pero quixen achegarme a unha para vela en primeira persoa e ademais aproveitar para facer un pouco de visita cultural e antropolóxica. Por iso, onte achegueime a Sanfins, pero ó de Cambeda... Read More