A Costa da Morte, eixe central do intercambio cultural

Centos de estudantes de diversos puntos de Europa chegan cada ano a Galicia para participar no chamado programa Erasmus. Un dos poucos proxectos da Unión Europea que logrou ao longo destes 26 anos unha certa cohesión e irmandade entre xentes de diferentes países. Na fin de semana, un grupo de 60 alumnos de intercambio da Universidade da Coruña,  visitou a Costa da Morte nunha viaxe organizada pola tamén europea AEGEE, unha das organizacións... Read More

“Non preciso máis duns segundos para facer unha foto pero si moitas horas para atopar o momento a plasmar.” Marcos Rodríguez

Fotografiar a Costa da Morte é fotografiar mar, auga, praias, rochas, en definitiva, a natureza. As imaxes de Marcos Rodríguez contan con todo isto así como cunhas características ben marcadas. Gusto polos amenceres e solpores, o amarelo e o laranxa  dos primeiros ou últimos raios de sol, un sol que moitas veces se atopa agochado tralas nubes. Gusto polo discorrer da auga, xa sexa en calma ou captando o bater das ondas contra as rochas nun día... Read More

O paso do tempo nas rochas do Cabo Touriñán

Por Jesús Bermúdez Areas A península de preto dun quilómetro sobre o Atlántico que constitúe o Cabo Touriñán permitiulle ó longo do tempo ser protagonista e testemuña de feitos históricos. Converteuse no lugar elixido polos romanos para dar culto a Octavio Augusto, en escenario bélico na primeira guerra mundial e en inspiración literaria en cantares populares e obras de escritores consagrados coma Camilo José Cela. Cabo de Touriñán... Read More

300 euros en premios no VII Concurso de Fotografía de Corcubión.

A Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción Económica de Corcubión, organiza un ano máis e en colaboración coa Universidade Cromática das Virtudes e Foto Fuentes o Concurso de Fotografía de Corcubión. A temática do certame será libre aínda que se vai valorar positivamente que as imaxes sexan tomadas no termo municipal. Cartaz do VII Concurso de Fotografía de Corcubión Para participar será preciso presentar as imaxes en papel fotográfico... Read More

Oghalá veña outro!

O traballo dos voluntarios foi determinante para conseguir a limpeza das praias. /Foto: Xan Fernández Carrera/ Ao voluntariado, que esperemos non nos garden rancor. Tiña 13 anos, estaba na casa vendo a televisión unha tarde cando de repente se interrompe a programación para dar paso a un avance informativo: un petroleiro chamado Prestige estaba á deriva fronte ás costas de Fisterra. Nese momento veume a cabeza o Casón, ese buque do que tanto... Read More

As corais de Baio, Camariñas e Vimianzo danse cita no II Certame de Corais

A coral "Brisas do Mar" de Camariñas coa súa directora Charo Vázquez Freire. Este sábado, a Coral Polifónica Lusco e Fusco de Vimianzo, a Coral Municipal de Mulleres de Camariñas e a Coral Xan Mella de Baio actuarán no auditorio de Vimianzo no II Certame de Corais da Costa da Morte. Este concerto terá lugar o vindeiro 4 de novembro ás 18:30. Con actuacións coma esta queda patente tanto a cantidade como a calidade da música coral... Read More

“Durante o proceso de elaboración de Gin Sea non entra en xogo nada que non sexa natural”. Manuel Barrientos, creador de Gin Sea

Malia ter estudado Terapia Ocupacional, este mozo de Dumbría rematou exercendo de sumiller e maître tras cursar os Estudos Superiores de Sumillería na Escola San Javier da Coruña. Así, con tan só 29 anos xa é todo un profesional no mundo dos licores, porque acaba de crear unha nova xenebra que leva por nome Gin Sea. Un licor que nos lembra no seu apelido ao mar bravo da Costa da Morte. Como e cando xurde a idea de crear Gin Sea? A idea ven... Read More

“Brandomil. A chave de Roma”, primeira reportaxe audiovisual do Compás

“Agora daselle importancia, pero nós ó pasado, vaia por Deus, non lle damos importancia ningunha!” Así de sincera se amosaba María, unha das veciñas de Brandomil, que atendeu sen reparo ás nosas preguntas. A aldea romana, o lugar afundido que rexurdiu dos seus cimentos e que agora volve ó abandono co avellentamento da poboación. Esa aldea é a protagonista da primeira reportaxe audiovisual do Compás da Costa. Un documental moi... Read More