‘Costa da Morte': Cando o mar é un todo.

Dise que quen nace no mar, botarao de menos sempre que se atope lonxe del. Resulta difícil, coma galego e habitante dunha vila de costa, achegarse a un filme coma Costa da Morte e non sentir a brisa mariña que tantas penas cura cando as cousas non semellan ir tan ben coma deberan. E é que a cinta de Lois Patiño, que xa é por méritos propios o novo enfant terrible do panorama audiovisual galego actual, entrega coa súa ‘Costa da Morte’ a... Read More