Fotogalería “Mercarte 2014″

Onte clausurouse en Carballo a segunda edición de Mercarte, mostra de artistas e artesáns de Bergantiños. Durante catro días, os visitantes puideron achegarse á obra dos artistas da comarca e tamén participar nos distintos obradoiros organizados. Nós achégamonos ata alí e deixámosvos esta selección de imaxes, por se non tivestes a oportunidade de visitar a exposición. ... Read More

Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa pegada persoal nas que antes só eran paredes grises. Se despois de... Read More

‘No paro descubrín que o meu outro traballo, ‘a Arte’, seguía pedíndome que lle adicara máis horas’, Mon Lendoiro.

José Ramón Lendoiro Esmorís (Carballo, 1971). Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño de Gráfica Publicitaria e Ilustración. Mon Lendoiro, que é así como case todos os da vila o coñecemos, acaba de inaugurar Garabato, o seu primeiro obradoiro de belas artes situado nas míticas galerías que unen as rúas Fomento e Igrexa. O horario de apertura ao público é de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30, mais se o día é solleiro a galería... Read More

O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico importante, máis que a nosa propia vontade e agarimo para facervos... Read More

Fala do Compás!

Máis visual, máis completo e máis propio. O Compás renova a súa faciana cun novo deseño da web, na que buscamos reforzar a nosa identidade gráfica, co vermello “burdeos” do noso logo-petróglifo que agora inunda de cor a páxina entre o gris, o branco e o negro. Unha portada máis visual Tamén poderás acceder dunha maneira máis visual e atractiva ós contidos; algún deles novo, coma o tempo por comarcas, para saber se che vai... Read More

Premio da Cultura Galega 2012 para a Fundación Eduardo Pondal

A Costa da morte está de noraboa pois a Fundación Eduardo Pondal vén de conseguir o Premio da Cultura Galega 2012 na modalidade de Iniciativas en Prol do Patrimonio Cultural. Como puidemos saber onte á tarde a través da Asociación Cultural Monte Branco O Couto, o galardón recaeu na Fundación Eduardo Pondal “pola súa ampla e constante programación participativa arredor das letras galegas, desenvolvida coa implicación de entidades, axentes... Read More

O teatro será o rei na programación cultural de novembro en Cee

O teatro vai ser o principal protagonista dentro das actividades culturais programadas polo Concello de Cee para este mes de novembro. As representacións darán comezo a vindeira fin de semana posto que o sábado poderemos gozar de Laretadas, monólogo do actor Josito Porto; e o domingo será a quenda da escola Municipal de Teatro de Muxía coa obra O médico a paus. Non todo o teatro queda aí: ao domingo seguinte, será a Escola Municipal de Teatro... Read More

Cee continúa lembrando a Domingo Antonio de Andrade

Victor Manuel Castiñeira, durante a presentación da exposición sobre a vida e obra de Andrade Na cita da pasada semana, Castiñeira retratou a sociedade ceense durante o séxulo XVII e principios do século XVIII, períodos  nos que Andrade tivo o seu maior esplendor como mestre do Barroco en Galicia. Na conferencia destacouse o feito de que Andrade a penas deixou pegadas da súa obra na súa vila natal, estas limitaríanse a dous retablos e unha... Read More

Un outono cheo de cultura para o Concello de Muxía

Pedro Brandariz estará en Muxía o día 27 de outubro coseu monólogo "profundizando na Galicia Profunda" O concello de Muxía xa ten preparada a programación cultural para este outono. Trátase dun programa no que destaca sobre todo a presenza do teatro, aínda que tamén hai espazo para as exposicións e a diversión en familia. A partir de mañá, 4 de outubro, poderemos gozar da Mostra de Banda Deseñada TITOÁN, de Ignacio e Iván... Read More

A vida cultural de Baio está en perigo

Dende comezos do verán sabiamos que este momento había chegar: na última asemblea de socios da Asociación Cultural Adro de Baio a directiva presentou a súa demisión. Despois de dous anos no cargo, a presidenta da entidade, Sabrina López, anunciou o cese do equipo ao cumprir o seu compromiso de mandato bianual. Polo momento ningún socio quixo presentar a súa proposta polo que a continuidade está en risco. Os baieses agardan que de contado... Read More