Dombate achégase ao seu aspecto orixinal

Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas e gravados permanecían ao descuberto dende as escavacións de finais... Read More

Dombate, a corazón aberto

Os visitantes do Dolmen de Dombate por fin terán acceso ó corazón da capital do megalitismo galego. Tras varios meses de traballo, onte pola tarde os técnicos e responsables da Deputación da Coruña daban o visto e prace para que se abra ao público a peza que completa o centro de interpretación de Dombate, que será nun futuro a cabeza do Parque Arqueolóxico do Megalítico da Costa da Morte. No seu interior atopamos unha réplica do dolmen... Read More