Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Tres dolmens a pé dende Vimianzo

Se a Costa da Morte é unha terra rica en xacementos megalíticos, o concello de Vimianzo destaca  entre todos por ter o maior número de mámoas e polo ben que se conservan algunhas delas. Como mostra disto, oito das catorce mámoas do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo pertencen a este concello soneirán. Realmente, nestes momentos, pouca importancia ten este dato xa que a Xunta parece que deixou esquecido o proxecto nun caixón que só... Read More

Dombate achégase ao seu aspecto orixinal

Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas e gravados permanecían ao descuberto dende as escavacións de finais... Read More

O Nadal de Cabana comeza en Dombate

Un cuarto de século é moito tempo. O monumento máis visitado de Cabana de Bergantiños leva 25 anos vendo como milleiros de persoas desfilan diante del dende que as súas entrañas saíron á luz nas primeiras escavacións, en 1987. Foron anos intensos de proxectos, desacordos, acordos, desacordos e lonas de plástico ata que finalmente quedou cuberto polo gran edificio que aspira a ser o centro da cultura megalítica do país. A conmemoración... Read More

As bágoas de San Lourenzo no cerne de Bergantiños

“Aínda recordo aínda o dolmen de Dombate” rezaba Pondal nun dos seus poemas. O mesmo lles pasará ás preto de duascentas almas que camiñaron a noite do pasado venres para percorrer a Ruta das Estrelas. Dende hai uns anos, no mes de agosto, arredor do San Lourenzo, o concello de Cabana organiza un roteiro de sendeirismo nocturno. Nesta ocasión a cita era ao caer o día no dolmen de Dombate. Antes de comezar a andaina era obrigada unha... Read More

Último día para ver a Exposición das antas

Polas antas e mámoas da Costa da Morte é o título da obra máis coñecida quizais creada polo Seminario de Estudos Comarcais. Xosé María Lema Suárez propón unha viaxe guiada polos dolmens máis representativos da zona, de norte a sur. Un percorrido polos enterramentos dos nosos antergos que comeza cunha introducción explicativa do que é unha anta e a súa contextualización na cultura megalítica. Á esquerda, mapa deseñado por Roberto Mouzo.... Read More

“O patrimonio debe ser un negocio para todos pero de xeito transparente” Manuel Gago

No serán do venres asistimos á presentación de Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI na libraría pontecesana A tenda dos libros. A obra de Xurxo Ayán (Lugo, 1976) e Manuel Gago (Ribeira, 1976) recolle “as súas experiencias coa xente do país no eido da arqueoloxía e a comunicación ao longo de quince anos”. Dende a súa saída do prelo, os autores xa fixeron presentacións en varias... Read More