Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

“Son Dumbría, Costa da Morte. Se non volvera aquí deixaría de ser quen son”, Begoña Corbal

Begoña Corbal traballa no departamento de fotografía online dunha das cadeas do Grupo Inditex. “Xornalista, fotógrafa, bailarina de ballet, doctoranda, amiga e amante, viaxeira e un sen fin de cousas miúdas”. Así se define ela. Begoña Corbal naceu na Coruña un 25 de maio de 1988 aínda que está empadroada no Concello de Dumbría desde o 2009. A afección pola fotografía vénlle desde moi cativa por influencia de seu pai. Conta que o vínculo... Read More

O Entroido de Dumbría finaliza con dúas comparsas gañadoras

Dúas comparsas resultaron gañadoras no festival de Entroido que se celebrou onte en Dumbría. Malia que a choiva estivo presente durante a celebración, o público non fallou a unha das citas obrigadas da Costa da Morte neste tempo previo á coresma. O exército de Gures converteu o desfile das comparsas nunha auténtica marcha militar. /Foto: Cedida/ O Festival de Comparsas deu comezo arredor das 5 da tarde co tradicional desfile dos participantes... Read More

Entroido na Costa da Morte 2013

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas imprescindibles ou singulares, pero pinchando nos concellos resaltados... Read More

Muxía e Dumbría gardan os postos da fin de semana para o Entroido

Xa non quedan máis días libres no Entroido. Se o luns se vive en Vimianzo e o martes é o día grande de Fisterra, Muxía convoca o concurso de disfraces para o sábado 9 e Dumbría para o domingo 10. No Concello de Muxía están decididos este ano a recuperar a tradición do Entroido polo que haberá novidades desta vez. O gran pasarrúas de carnaval sae do Cabo da Vila ás 5 da tarde do sábado 9 para rematar na carpa do malecón onde será a... Read More

A etapa da Fin do Mundo

Dende o centro de Galicia ata a fin do mundo. Así de simbólica se presenta a cuarta etapa da Vuelta Ciclista a España 2013, que por segundo ano consecutivo chega á Costa da Morte. O martes 27 de agosto a serpe multicor sairá de Lalín e entrará na Costa da Morte subindo ó Mirador do Ézaro, un dos lugares máis espectaculares da última edición da Vuelta, que abraiou ós organizadores e que ademais quedou marcada coma unha das metas máis... Read More

Dumbría pide lembranzas

  Dumbría en branco e negro. Con esta iniciativa, o concello busca a axuda e a colaboración de todos os dumbrieses para recoller fotografías antigas do concello. Buscan sacar do pó os álbumes familiares que axuden a reconstruír as casas, os camiños, os carros e outros elementos da historia anónima de Dumbría. Con elas confeccionarase unha memoria dos espazos rurais, as casas, a xente, as actividades labregas, gandeiras, forestais... Read More

A Costa da Morte prepárase para o Nadal

Celebrar o solsticio de inverno no dolmen de Dombate. Esta é só unha das senlleiras propostas que se ofertan ó longo de toda a Costa da Morte para celebrar o Nadal dunha forma distinta e propia. Cabana propón unha noite máxica no centro de interpretación do megalito para conmemorar o 25 aniversario do comezo das escavacións arqueolóxicas no lugar. Outras propostas que miran ó Patrimonio son as rutas de sendeirismo, coma as de Muxía polos... Read More

“Durante o proceso de elaboración de Gin Sea non entra en xogo nada que non sexa natural”. Manuel Barrientos, creador de Gin Sea

Malia ter estudado Terapia Ocupacional, este mozo de Dumbría rematou exercendo de sumiller e maître tras cursar os Estudos Superiores de Sumillería na Escola San Javier da Coruña. Así, con tan só 29 anos xa é todo un profesional no mundo dos licores, porque acaba de crear unha nova xenebra que leva por nome Gin Sea. Un licor que nos lembra no seu apelido ao mar bravo da Costa da Morte. Como e cando xurde a idea de crear Gin Sea? A idea ven... Read More

Catro pratas e un bronce para o CDM Piragüismo Dumbría

O CDM Dumbría logrou 5 medallas no campionato galego de Slalom celebrado en Dumbría. Espectaculares os Campionatos Galegos de Slalom celebrados esta fin de semana en Dumbría. A competición contou coa presenza das principais figuras do circuíto galego de augas bravas e estivo acompañado por numerosos espectadores animados polo caluroso día da xornada. Ademais, a organización do evento foi calificada de modélica polos representantes da federación.... Read More

Páxina seguinte »