Entroido na Costa da Morte 2013

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas imprescindibles ou singulares, pero pinchando nos concellos resaltados... Read More

As festas infantís e as comparsas, principais protagonistas do Entroido en Malpica

O concello de Malpica celebra o Entroido desde hoxe ata o próximo domingo 17. Máis dunha semana de festexos na que non faltarán os tradicionais concursos de comparsas ademais de personaxes habituais como a Mikaela, o Faustino e o Farruco. O entroido comeza esta tarde na localidade costeira cunha Festa Infantil na Ludoteca Municipal de 17.00 a 18.30 horas (só para os rapaces e rapazas da Ludoteca) Mañá venres, de 10.00 a 11.30 horas, haberá... Read More

Os artistas locais protagonizan o Entroido cabanés

O prato forte do entroido de Cabana de Bergantiños é o martes de entroido. O festivo local celébrase cunha ampla oferta lúdica, centrada en xogos e obradoiros, gastronomía a base de filloas, exposición fotográfica, música e pasarelas de disfraces para xuntar a todos os veciños do concello con ganas de troula no Pavillón Municipal. A partir das 5 da tarde, os máis cativos poderán disfrutar dos inchables, xogos e variados obradoiros. Ás... Read More

Entroido en Laxe co Caietano

O día grande do Entroido en Laxe será o vindeiro 10 de febreiro, cando haberá desfile e festa de comparsas, dinamizada polo tradicional Caietano e un par de grupos de animación de zancudos da compañía Troula Animación. O programa complétase durante a semana do entroido con obradoiros pola mañá os días 11, 12 e 13, destinados aos rapaces dende os 4 aos 12 anos. Por outra banda, as tardes dos días 13 e 14 estarán ocupadas con obradoiros... Read More

Zas prepara un entroido para grandes e pequenos

O entroido comeza en Zas con obradoiros e xogos  pensados para os nenos de 5 a 12 anos. A actividade realizarase en Baio e en Zas partir do 7 de febreiro e para ambos lugares é necesaria a inscrición previa dos participantes. Por outra banda, os maiores teñen a oportunidade de disfrazarse cos nenos para o baile e concurso do sábado 9 de febreiro. A cita será no Centro Sociocultural a partir das 20h e estará amenizada polo grupo D´Café. Haberá... Read More

Camariñas reparte o Entroido polas parroquias

Cinco días de Entroido por todo o concello. Así celebran en Camariñas a festa dos disfraces que comeza na Ponte do Porto o sábado 9. Haberá unha festa con inchables, música e globoflexia na Feira do Gando a partir das 16.30h. O domingo 10 a festa irá máis repartida, comezando nun pasarrúas da comparsa vimiancesa Danzatecas polo lugar da Ponte do Porto. Despois comeza a festa en Xaviña ás 16.00h con premios para os mellores disfrazados e... Read More