Fotogalería “Mercarte 2014″

Onte clausurouse en Carballo a segunda edición de Mercarte, mostra de artistas e artesáns de Bergantiños. Durante catro días, os visitantes puideron achegarse á obra dos artistas da comarca e tamén participar nos distintos obradoiros organizados. Nós achégamonos ata alí e deixámosvos esta selección de imaxes, por se non tivestes a oportunidade de visitar a exposición. ... Read More

“Creo que nacín cun lapis debaixo do brazo” Chelo Lema

Pintora dende o berce, a vimiancesa Chelo Lema presenta por primeira vez na súa terra natal unha retrospectiva da súa obra. Xa viaxou coas súas pinturas por diferentes cidades da xeografía peninsular (A Coruña, Portugal, Madrid, Salamanca, Barcelona, Alicante), europea (Francia, Holanda, Bélxica) ou americana (Arxentina, Uruguai ou México). Agora, con 78 anos volve á vila soneirá grazas á iniciativa da Sala Antón Mouzo, un lugar especialmente... Read More

“Na Costa da Morte precisamos unha programación estable de mostras de arte e boas salas”, Viki Rivadulla

Viki Rivadulla pinta desde que era unha nena. “Creo que un artista nace. Aínda que é importante formarse e aprender a pintar ou a esculpir, é preciso ter algo innato”. A responsable das actividades culturais do concello de Muxía comenta ademais que a pintura é a súa forma de entender a vida e que sen ela lle sería moi difícil concibir o día a día. Esta artista muxiá vén de inaugurar en Carballo O meu mar, mostra que reúne o seu traballo... Read More

Man volve á memoria dez anos despois

Xa pasou unha década dende que un día dos Inocentes nos levantamos coa amarga noticia da morte dunha das persoas máis queridas e entrañables da Costa da Morte: Manfred Gnädinger. O “alemán de Camelle” non puido resistir o desastre ecolóxico do Prestige que estendía a súa marea negra sobre a natureza e a súa obra. Así morreu só, na súa cabana, onde segundo o seu testamento debería descansar para sempre. Dez anos despois, coa... Read More

A obra de Antonio Nodar visita as orixes

O fotógrafo vimiancés Antonio Nodar nunca pensou na posibilidade de expoñer a súa obra  no seu concello, ata que lle chegou a oportunidade estes meses pasados de expoñer na Sala Antón Mouzo, dedicada ós artistas locais. E menos tería pensado que a súa obra From portrait to self-portrait chegara á súa aldea natal, Baíñas. Antonio Nodar retratado. /Foto: Manuel Rial/ O Concello de Vimianzo alonga a vida da exposición para que propios... Read More

MIRADAS

“Somos MIRADAS sen cabeza. Cos ollos do revés. Podemos ver a través de ti. Dentro. Moi dentro. Ata acampar no teu iris e mastigarche as retinas”   entoaron, no meu maxín, os cadros da exposición colectiva. Como un himno; co alento indomeable da voz conxunta. Palpitaban as obras ao mesmo compás porque compartían un atributo común: a intensidade. Desde perspectivas diversas, exhibidas de forma distinta, pero cunha potencia capaz de... Read More

Cúmprense 300 anos da morte do ceense máis universal

Torre da Berenguela. /Foto: Marcos do Espiritusanto Domingo Antonio de Andrade (1639-1712) foi un arquitecto nacido en Cee e que desenvolveu principalmente a súa obra na segunda metade do século XVII e a comezos do XVIII converténdose no principal promotor do transito ao barroco en Galicia. Andrade trasládase na súa xuventude a Santiago para estudar na Facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela completando posteriormente os... Read More

“Estas cousas adóitanse facerlle a un despois de morto!” Inaugúrase a exposición de Antonio Nodar

Londres, Barcelona, Katmandú e agora, Vimianzo. O fotógrafo Antonio Nodar presentou onte unha exposición nada convencional, polo espazo e polo lugar, a súa terra natal. “Estou máis que sorprendido e satisfeito. A honra de presentar aquí é para min. Estas cousas adóitanse facerlle a un despois de morto!” Antonio Nodar irradiaba felicidade na tarde-noite de onte, rodeado por amigos, veciños, admiradores ou neófitos deste tipo... Read More

A Fundación Fernando Blanco recupera o espírito do filántropo coas bolsas de apoio aos máis desfavorecidos.

Chelo Trillo, Zaira Rodríguez e Darío Areas durante a presentación do programa da Fundación. A Fundación Fernando Blanco de Lema presentou esta semana as actividades que van desenvolver neste último trimestre do 2012 e durante todo o ano 2013. O conxunto destas actividades alcanza un custo de 26.250 euros dos cales o 80% son aportados pola Deputación da Coruña. Na presentación destas actividades estiveron presentes Chelo Trillo, directora... Read More

“A fotografía é a mellor escusa para visitar paraxes descoñecidas.” Xoán Carballo

Leva só catro anos traballando cunha cámara profesional e non pasou por ningunha grande academia, pero as súas imaxes sorprenden. Xoán Carballo, de Pasarela, pero nado en Zürich no 1975, expón actualmente na súa casa, na Sala Antón Mouzo de Vimianzo. Ata o 30 de setembro podemos gozar de “Todo á man, preto de ti”, unha selección de fotografías da Costa da Morte que reivindica a beleza do inadvertido, do próximo que non paramos... Read More

Páxina seguinte »