Budiño, La Pegatina e O Sonoro Maxín no primeiro Asalto da Reconstrución

O Asalto deste ano ben puidera chamarse “A Revancha”. Logo de que a primeira revolta irmandiña fora sufocada, os campesiños ármanse de valor para destruír o que os señores feudais obrigaron a reconstruír. De aí o nome desta decimo sétima edición da festa máis senlleira de Vimianzo: a Reconstrución. Nunha animada gala-casting, as almas da Asociación Xuvenil Cherinkas deron as claves da festa do Asalto, que este ano se alonga... Read More