“Non podemos dicir a fórmula do éxito da Festa do Percebe porque nin nós mesmos sabemos cal é”, Xabier Pombo, presidente da Asociación para a promoción do percebe do Roncudo

Corme hoxe é unha festa. Persoas de todas as idades e lugares chegan a esta vila mariñeira para celebrar un día polo que xa se agarda dun ano para outro. Que o “percebe do Roncudo é cojonudo” xa o sabemos e así nolo quixeron demostrar en anteriores campañas de promoción da festa. A do percebe do Roncudo é unha cita gastronómica que recibe a aqueles padais exquisitos que queren saborear o luxoso produto pero tamén atrae a todos os festeiros... Read More