Idealipsticks e Wau y Los Arrrghs encabezan o Rockin’

Se che gusta o rock tes unha cita o próximo 27 de xuño co Rockin’, no marco das festas do San Xoán de Carballo. No Rego da Balsa –detrás da vella estación de autobuses-, tocarán os carballeses Apart, os madrileños The Government, os manchegos Idealipsticks e os valencianos Wau y los Arrrghs. Airton&Senna Dj’s pecharán a noite do festival de rock das festas carballesas, que este ano celebra a sétima edición. Na mesma liña das edicións... Read More

Comeza a Barca, a Romaría das romarías

Cartel das Festas da Barca 2012 Hai un mes que adiantaba o Compás o programa das festas da Barca 2012, unha Festa declarada de Interese Turístico Nacional, que inclúe catro días de celebración da mañá á noite e onde ademais de orquestras haberá bandas de gaitas e charangas. Non faltará tampouco a tradicional traca de bombas, unha das máis grandes de Galicia. A chegada de romeiros a Muxía comeza dende xoves cando se celebra o primeiro día... Read More

O Combo Dominicano e a Panorama no cartel da Barca 2012

Santuario da Virxe da Barca Compás ofrécevos en primicia o programa dunha das festas máis agardadas do verán: a Romaría da Virxe da Barca, a festa máis importante de toda a Costa da Morte. O cartel inclúe catro días de festa da mañá á noite e onde ademais de orquestras haberá bandas de gaitas e charangas. Non faltará tampouco a tradicional traca de bombas, unha das máis grandes de Galicia. Juan Cortés, presidente da comisión de festas... Read More

Vimianzo vive as súas Festas de Verán con bingo e orquestras

Tardaron en chegar, pero as Festas do Verán vívense un ano máis en Vimianzo, na segunda fin de semana de agosto, cousa extraordinaria, xa que tradicionalmente se viña celebrando na primeira. Este ano non virá cantar ningún cantante ou grupo de sona ata a vila soneirá, pero si dúas orquestras de renome: a Ciclón e a Panorama. Ademais por primeiro ano haberá animación de rúa para nenos con pallasos e música. Prefestas Entre dous bares móntase... Read More

As grandes orquestras galegas regresan ás festas da Xunqueira

Cartel das festas da Xunqueira de Cee A Xunqueira 2012, organizada polos hostaleiros de Cee, e malia ser unha das máis austeras en moitos anos, ofrece unha programación variada, atractiva e de calidade. As festas recuperan nesta edición parte do esplendor perdido en tempos pasados, xa que despois de varios anos de ausencia, as orquestras  galegas de renome volven a estar presentes na Vila de Cee. As festas quedarán oficialmente inauguradas o... Read More