Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na Costa da Morte temos a sorte de contar co segundo festival de música... Read More

Xullo festivaleiro: Asalto, Solpor e Nordestazo

Nada máis comezar o verán a Costa da Morte énchese de música con romarías, festivais e verbenas. O mes xullo trae tres citas festivaleiras: Asalto ao Castelo, Festival Solpor e Nordestazo Rock. No Compás invitámoste a coñecelas un pouco mellor estes tres eventos cun estilo musical ben distinto. ASALTO AO CASTELO  -Vimianzo, 5 xullo- O Asalto chega á súa XIX edición coma unha das festas con máis sona da volta. O que comezou coma unha... Read More

“Queremos impulsar aos grupos que non teñen a oportunidade de tocar noutro tipo de festivais”, Xabier Herranz, do Festival Solpor

Con motivo da celebración da primeira edición do Festival Solpor O Compás falou con Xabier Herranz, membro dun grupo de mozos pontecesáns que deciden poñer en marcha esta nova cita musical da Costa da Morte que terá lugar o próximo 19 de xullo en Ponteceso. Un festival que nace cunha idea clara: a de dar cabida aos grupos musicais da comarca. I edición do Solpor Ponteceso. Quen é a cabeza pensante deste festival e a que se debe a súa posta... Read More

Punto final a un verán de festivais

O xeados máis solicitados fóronse esgotando nos bares, o sol foi quentando cada día un pouco menos, as verbenas foron acabando…foi rematando o verán. E os que tamén acabaron foron os festivais, ata o ano que vén. A época estival é propicia para organizar e asisitir a concertos e, se nunha mesma noite son varios mellor. Iso seguro que foi o que pensaron os organizadores dos festivais que na Costa da Morte supoñen citas ineludibles no calendario... Read More