“A Mostra de Cee está absolutamente eliminada do noso pensamento” Toño Casais

Pódese dicir que para o actor ceense Toño Casais o 2012 foi un ano intenso: “Pelos na lingua” é todo un éxito de público e crítica; é elixido presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia; despide para sempre a Mostra de Teatro de Cee e, agora, presenta esta semana “O método Gronhölm”, unha coprodución co FIOT. Logo de dúas funcións cheas de público, presenta esta tarde en Vimianzo a terceira función,... Read More

“Non se está valorando abondo o cartel deste FIOT” Toño Casais

Logo dunha intensa tarde de ensaios, Toño Casais aténdenos na véspera de presentar xunto cos seus compañeiros de Talía Teatro O método Gronhölm, unha coprodución co FIOT de Carballo, da que nos conta máis detalles neste adianto de entrevista. Talía Teatro estará hoxe e mañá en Carballo con esta produción, e o domingo en Vimianzo. Este é só un adianto da entrevista a Toño Casais na que conversamos sobre o panorama do teatro para o... Read More

Comeza a estación do teatro en Carballo

Logo dunha boa tempada de verán, chega a chuvia. A auga é necesaria para que os cogumelos agromen con forza e as castañas cheguen no seu mellor estado ós lumes do outono. Do mesmo xeito, parece ser que os malos tempos axudan a que a cultura resista con forza e busque novas vías para adaptarse. O Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) de Carballo chega na súa 21º edición con máis forza ca nunca, contrarrestando a perda do único... Read More

O FIOT 2012 arranca en outubro coa súa segunda coprodución

Xulio Lago, Alberto Sueiro e Artur Trillo, onte durante a presentación. /CEDIDA/ A 21 edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo arrancará no mes de outubro coa estrea de O método Grönholm, espectáculo teatral dirixido por Talía Teatro,  unha das compañías máis importantes do panorama escénico galego. Esta é a segunda coprodución na que participa o FIOT. A nova presentouse onte en rolda de prensa, nun acto... Read More