“Sen que soe nada raro, nacín con dúas mans, dúas pernas e unha gaita” Susana Seivane, no Asalto ao Castelo

Desde Os soños que volven (2009) os seareiros de Susana Seivane esperan ansiosos un novo álbum que poder gozar da recoñecida gaiteira. Ben seguro que moitos deles visitarán hoxe Vimianzo, xa que Susana Seivane é unha pezas clave no programa do XIX Asalto ao Castelo. A partir das dúas da madrugada terá a ocasión de refrescar a memoria cos seus grandes temas, pero tamén de colaborar con outros músicos, como o propio Kepa Junkera. Susana... Read More

“O Asalto é para nós unha oportunidade de luxo para amosar a nosa música” Samarúas

Aos rapaces do Samarúas non lles chegan as horas de ensaio durante esta semana. De feito contestaron ás preguntas cos instrumentos aínda na man no medio das probas. Os nervios son moitos, pero as ganas tamén. Son máis dun sesenta por cento Costa da Morte, polo que o Asalto non lles é alleo. É máis nunca faltan á cita. Comezan a súa andaina a finais do ano pasado e no seu curto traxecto xa contan cun premio: encabezaron o SondoBarbansa... Read More

Xullo festivaleiro: Asalto, Solpor e Nordestazo

Nada máis comezar o verán a Costa da Morte énchese de música con romarías, festivais e verbenas. O mes xullo trae tres citas festivaleiras: Asalto ao Castelo, Festival Solpor e Nordestazo Rock. No Compás invitámoste a coñecelas un pouco mellor estes tres eventos cun estilo musical ben distinto. ASALTO AO CASTELO  -Vimianzo, 5 xullo- O Asalto chega á súa XIX edición coma unha das festas con máis sona da volta. O que comezou coma unha... Read More

Os trinta anos da Carballeira máis solemne

Ao pasar o arco de recepción da carballeira de Velar sabes que entras nun lugar sagrado. As luces brancas e amarelas fan xogos de sombras entre os carballos e os eucaliptos dun bosque máxico que cada agosto se enche de amantes do folk. As árbores asisten como un festeiro máis agardando ao espectáculo da música atlántica. Xabi Aburruzaga inauguraba o cartel da Carballeira 2013. /Foto: Beatriz Romero/ Os agarimosos sons do acordeón de Xabi Aburruzaga... Read More

Tradición e modernidade na XXX Carballeira de Zas

Un ano máis a primeira fin de semana de agosto Zas énchese de folk por conta do festival decano da Costa da Morte: a Festa da Carballeira, que este ano se estira para comezar o venres. A continuación repasamos os grupos que actuarán os dous días: VENRES Saldos Negativos Este grupo nace do empeño de dous intérpretes de música folk: Abraham Fernández e Fernando Barroso, amantes das diferentes músicas tradicionais dos países atlánticos como... Read More

O pacto cos mouros deixou boa noite para Velar

Media ducia de pandeiretas resoaban dende a profundidade dos bosques. A música baixaba polas augas do río e buligaba entre as follas dos carballos e dos eucaliptos correndo monte arriba, cara á cima do castro. Os mouros e as xacias fixeran un pacto, a música debía calmar as tempestades. Hai uns días falabamos con Lupe Nieto, a presidenta da Asociación Cultural Castro Meda, e xa nos contaba o perxudicial que pode ser unha noite de chuvia na... Read More

“Cando ninguén falaba do folk, en Zas habíao”, Lupe Nieto, presidenta da A.C.Castro Meda

Lupe Nieto xunto o seu cartel favorito da Carballeira. “Unha parella coñeceuse un ano na Carballeira e cando casou levou os xerros como regalo de voda”, comenta trala entrevista Lupe Nieto. Sen dúbida, un fermoso detalle que explica o moito que significa para esas persoas esta cita musical de agosto. Esa e moitas outras anécdotas poden ocorrer en Zas o día do seu festival folk. A pequena vila da Costa da Morte recibe miles de persoas ese... Read More