“Son Dumbría, Costa da Morte. Se non volvera aquí deixaría de ser quen son”, Begoña Corbal

Begoña Corbal traballa no departamento de fotografía online dunha das cadeas do Grupo Inditex. “Xornalista, fotógrafa, bailarina de ballet, doctoranda, amiga e amante, viaxeira e un sen fin de cousas miúdas”. Así se define ela. Begoña Corbal naceu na Coruña un 25 de maio de 1988 aínda que está empadroada no Concello de Dumbría desde o 2009. A afección pola fotografía vénlle desde moi cativa por influencia de seu pai. Conta que o vínculo... Read More

“Lake debería transmitir unha calma turbia”, comenta Laura Cuba sobre a fotografía gañadora

Laura Cuba, nunha das fotografías que podemos ver na súa web. FOTO: Alejandro Lorenzo   A semana pasada coñecemos os galardoados no XV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís convocado polo concello de Carballo. O gañador, e xa van dúas veces, foi o fotógrafo Marcos Rodríguez. Unha agradable sorpresa foi descubrir que un dos accésits outorgados foi para Laura Cuba, unha moza de Oleiros de 23 anos. Licenciada en Comunicación Audiovisual... Read More

Aberto o prazo para participar no XV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

O Concello de Carballo convoca un ano máis, e xa van quince edicións, o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. O concurso reparte 1.850 euros en premios, divididos en tres categorías: Primeiro premio (700 euros), Segundo premio (450 euros) e Premio especial Carballo, que escolle a mellor fotografía relacionada directamente co municipio (450 euros). Ademais, o xurado poderá conceder accésits por un importe de 250 euros. Os interesados en... Read More

“Non preciso máis duns segundos para facer unha foto pero si moitas horas para atopar o momento a plasmar.” Marcos Rodríguez

Fotografiar a Costa da Morte é fotografiar mar, auga, praias, rochas, en definitiva, a natureza. As imaxes de Marcos Rodríguez contan con todo isto así como cunhas características ben marcadas. Gusto polos amenceres e solpores, o amarelo e o laranxa  dos primeiros ou últimos raios de sol, un sol que moitas veces se atopa agochado tralas nubes. Gusto polo discorrer da auga, xa sexa en calma ou captando o bater das ondas contra as rochas nun día... Read More

300 euros en premios no VII Concurso de Fotografía de Corcubión.

A Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción Económica de Corcubión, organiza un ano máis e en colaboración coa Universidade Cromática das Virtudes e Foto Fuentes o Concurso de Fotografía de Corcubión. A temática do certame será libre aínda que se vai valorar positivamente que as imaxes sexan tomadas no termo municipal. Cartaz do VII Concurso de Fotografía de Corcubión Para participar será preciso presentar as imaxes en papel fotográfico... Read More

Aberto o prazo para inscribirse no Maratón Fotográfico Ramón Caamaño

O Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural de Muxía Natural convocan o Maratón Fotográfico Ramón Caamaño. Un concurso que sobre todo propón manter viva a memoria do fotógrafo muxián Ramón Caamaño, e tamén procurar a dinamización turística e cultural do concello a través da promoción do patrimonio natural e artístico dos distintos lugares do concello. Para participar no concurso é preciso inscribirse antes do día 6 de novembro.... Read More

“Puiden ter exposto as miñas fotografías antigas sobre Baíñas, pero quixen ser honesto” Antonio Nodar

O acento de Antonio Nodar non foi arrastrado polos anglosaxóns e malia que leva dende os 17 anos en Londres, parece que nunca marchou, que aínda segue vivindo en Baíñas. En realidade acaba de chegar do Nepal. Vén de retratar a varios artistas orientais completando un traballo no que leva tres lustros da súa vida: From portrait to selfportrait. Polo seu obxectivo pasaron rostros de artistas máis ou menos coñecidos, de todo o mundo: Jaume Plensa,... Read More

Trubisquiña premia o outono vimiancés

Aínda non é tempo de castañas, pero xa se comeza a notar o outono no ambiente e na paisaxe. A asociación cultural Trubisquiña prepárase para a gran festa desta estación, o Magosto, e faino cun concurso de fotografía para menores de idade. Só se pode enviar unha fotografía por participante (tomada por el mesmo) e a temática debe ser o “Outono en Vimianzo”, enténdese que se pode fotografiar calquera recuncho do concello. Ademais,... Read More

“Estas cousas adóitanse facerlle a un despois de morto!” Inaugúrase a exposición de Antonio Nodar

Londres, Barcelona, Katmandú e agora, Vimianzo. O fotógrafo Antonio Nodar presentou onte unha exposición nada convencional, polo espazo e polo lugar, a súa terra natal. “Estou máis que sorprendido e satisfeito. A honra de presentar aquí é para min. Estas cousas adóitanse facerlle a un despois de morto!” Antonio Nodar irradiaba felicidade na tarde-noite de onte, rodeado por amigos, veciños, admiradores ou neófitos deste tipo... Read More

“O meu traballo é a miña vida e a miña realidade”, Ana García

“Só aquelas fotografías que son realmente impactantes permanecen na historia e nas nosas mentes”. Para Ana García a fotografía perfecta non existe. Esta artista ferrolá non recorda o momento no que colleu unha cámara de fotos por primeira vez pero si lembra que de cativa lle encantaba sacar fotos coa polaroid da súa nai. “A miña primeira cámara foi unha Nikon F70 de 1996”. Tres anos despois, en xuño de 1999, comeza a traballar en... Read More

Páxina seguinte »