Sol, mar, música e maxia de verán no Sereas e Piratas

O cambio de data do Sereas e Piratas supuxo que os festivaleiros da zona despedisen este ano o verán en Razo. O sol fixo presenza na fin de semana e o sábado había unha temperatura agradable para aproveitar os últimos raios para broncearse mentres se gozaba con música en directo nunha terraza ao aire libre. Esa foi a aposta da Asociación Rebeldía, que organizou unha sesión vermú sen carpa para que os asistentes desfrutaran máis aínda contemplando... Read More

“As ganas coas que realizamos este proxecto seguen sendo as mesmas oito anos despois” Bea Fernández, organizadora do Sereas e Piratas

Os albaceteños Chucho, 0s vigueses Wild Balbina, os carballeses Franc3s e Holycrab, así como Músculo! e 4 Waves desde Vilagarcía forman o cartel da oitava edición do Festival Sereas e Piratas que se celebra en Razo (Carballo) o próximo sábado. Fieis á súa aposta polos grupos do país conseguiron sacar adiante un ano máis esta cita coa música independente. Falamos con Bea Fernández, pertencente á Asociación Rebeldía encargada de organizar... Read More

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

Finalmente, o sábado 31 de agosto vaise celebrar en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Trala súa suspensión debido ao accidente de tren de Santiago, os organizadores decidiron seguir traballando para buscar nova data. Así, o último sábado de agosto o cartel permanece igual, coa mesma programación musical e deportiva. Coa deste 2013 que finalmente se vai celebrar xa van oito edicións desta cita coa música independente nacional.... Read More

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

O sábado celébrase en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Xa van, con esta, oito edicións desta cita coa música independente nacional. Posto en marcha pola Asociación Rebeldía, o sábado volve ás súas orixes apostando por grupos galegos e tamén cun cabeza de cartel de relevancia nacional. Falamos da banda Chucho, que volven aos escenarios precisamente tras oito anos fóra dos mesmos. Xunto a eles estarán 4 Waves, que amenizarán... Read More

Franc3s lembra o seu cuarto membro

O trío carballés Franc3s vén de presentar o single Apartamento alquilado, un adianto do seu novo disco, Campanas de fuego rosa, que sairá á rúa o vindeiro 19 de novembro. A portada é unha das últimas creacións do recentemente falecido Alberto Gende. A traxectoria de Franc3s e Gende discorreu en paralelo dende a posta en marcha do grupo en 2007. O artista levou a dirección artística do grupo dende os seus primeiros videoclips e proxeccións... Read More

“A mocidade carballesa precisa da música en directo”, compoñentes de Franc3s

O Rockin conta no seu cartel con dous grupos moi carballeses. Uns son os Lowcos e os outros son eles, os Franc3s. A viguesa Patricia Bermúdez (teclado) e os carballeses María Costa (batería) e Alberto Martínez (voz e guitarra) son os integrantes deste trío que xorde no ano 2007. A súa última actuación en Carballo foi o ano pasado durante a presentación do seu último e primeiro traballo. Campanas de fuego rosa, o seu segundo álbum, sairá... Read More

Cándido Pazó e Pastora Soler, pratos fortes do San Xoán 2012

Achégase o final de primavera, e con el o San Xoán, o fiuncho, as barracas, as cachelas, os concertos, o algodón de azucre, a tómbola, a troula…A falta de dúas semanas escasas para que arranquen as festas patronais de Carballo, a comisión de festas da localidade presentou o venres á tarde o cartel deste ano. En Compás da Costa achegámosche as pinceladas máis importantes: O actor galego Cándido Pazó será o encargado de inaugurar... Read More