“Este é un libro sobre o medo, amarrado a unha esperanza desesperada. Un libro de vencidos” Daniel Salgado, autor de Dos tempos sombrizos

O libro Dos tempos sombrizos do lucense Daniel Salgado é o gañador da primeira edición do Premio de Poesía Gonzalo López Abente que organiza a Fundación muxiá que leva este nome. O xurado decidiuno así polo seu claro compromiso anticapitalista e social e pola rica  intertextualidade da obra tanto coa poesía como coa música contemporáneas, e de maneira especial co jazz. Salgado (Monterroso, 1981), licenciado en Ciencias da Comunicación... Read More

O concello de Muxía presentou o seu programa cultural e deportivo de verán

O alcalde, a concelleira de cultura e os técnicos responsables das áreas de cultura e deporte na presentación das actividades de verán O concello de Muxía presentou en rolda de prensa a súa axenda cultural e deportiva para este verán. Unha axenda moi completa na que as actividades se desenvolverán dende xuño ata mediados do mes de setembro.  O programa foi presentado polo alcalde de Muxía, Félix Porto; a concelleira de cultura, Amparo... Read More

Narrativa mariña e muxiá para a Biblioteca de Xerais

A colección da editorial Xerais “Biblioteca das Letras Galegas” xa conta cunha nova obra, neste caso trátase da Narrativa mariña do escritor muxián Gonzalo López Abente. En total xa son máis de 60 títulos dentro desta colección na que podemos atopar autores como Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro… Este volume de López Abente, editado por Xesús Sambade, pretende dar a coñecer os seus relatos curtos. En total... Read More