A ornitoloxía galega debate no esteiro de Anllóns

A Costa da Morte estáse a converter dende hai uns anos nun referente no campo do estudo das aves en Galicia. Grazas á instalación de miradoiros, rutas e paneis informativos da man de importantes expertos como Rabuñal Patiño, este saber achégase ao gran público, en especial aos rapaces da escola. Así mesmo, os expertos acoden cada ano coa celebración de congresos, que non fan máis que consolidar o potencial turístico da ornitoloxía nesta... Read More

Premio da Cultura Galega 2012 para a Fundación Eduardo Pondal

A Costa da morte está de noraboa pois a Fundación Eduardo Pondal vén de conseguir o Premio da Cultura Galega 2012 na modalidade de Iniciativas en Prol do Patrimonio Cultural. Como puidemos saber onte á tarde a través da Asociación Cultural Monte Branco O Couto, o galardón recaeu na Fundación Eduardo Pondal “pola súa ampla e constante programación participativa arredor das letras galegas, desenvolvida coa implicación de entidades, axentes... Read More

Cantos para arrolar en galego

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza un obradoiro de nanas dirixido a nais e pais, presentes ou futuros, así como a outros familiares e formadores que queiran aprender ou practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés. De impartir o obradoiro encargarase o músico bergantiñán Xabier Díaz, que é cantante do grupo Berrogüetto e que, entre... Read More

Gin Sea, unha xenebra con raíces galegas

O actor galego Luís Iglesia é a imaxe publicitaria de Gin Sea Este venres preséntase no Boulevard Fisterra Gin Sea, unha xenebra ideada polo sumiller Manuel Barrientos. Esta presentación será entre as 10 da noite e a 1 da madrugada e irá acompañada dunha sesión Chill Out da man de FER DJ e Brais the Nice, dous coñecidos picadiscos da vila. Gin Sea Na elaboración de Gin Sea participaron arredor dunhas 100 persoas dirixidas polo dumbriés... Read More