“As persoas maiores son as que sosteñen a nosa lingua”, Mariña Pérez Rei, escritora

A escritora e profesora Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) recolle hoxe o galardón da novena edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo. A capacidade de incidencia en públicos variados, a calidade lingüística e estilística e a relación coa actualidade son algunhas das razóns que fixeron que o seu artigo resaltara entre todos os recibidos. O sotaque de Aurelia é o título do artigo. Que podemos atopar... Read More

O Concello de Carballo anima a reflexionar sobre o galego nunha nova edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores

O Concello de Carballo, desde o Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con doce medios de comunicación, convoca o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O certame ten tres obxectivos primordiais: incentivar a reflexión sobre a situación da lingua galega, crear espazos nos medios para o uso da mesma e promover o uso da nosa lingua na prensa escrita. Pódense presentar todos aqueles que o desexen, sempre e cando presenten... Read More

Para ser lembrados en galego

Aqueles que acudiron aos camposantos no día de Defuntos poderían pensar que o galego non existe, pois alí a súa presenza é practicamente nula. O mesmo ocorre coas necrolóxicas dos xornais, onde non pasa do 1%. Para poñer fin a esta anormalidade nace a campaña Galeg@ para sempre, que pretende fomentar o uso da lingua en todas as cuestións relativas á morte, tales como, funerarias, notas necrolóxicas, lápidas, cintas de coroas florais, recordatorios... Read More

Novembro de teatro galego

Tralo rotundo éxito do FIOT en Carballo, novembro traénos espectáculos de novo á Costa da Morte cun pequeno ciclo en Ponteceso. Os sábados deste mes están protagonizados polo noso teatro na terra de Pondal. A colaboración entre o concello pontecesán e a A.C. Monte Branco permite que polas táboas da Casa dos Veciños do Couto pasen tres compañías galegas de longo percorrido e un espectáculo de maxia. O vindeiro sábado abre o ciclo a compañía Teatro... Read More

A cultura e a lingua galega, tamén para os estranxeiros

O Concello de Carballo lanza unha nova edición do obradoiro de integración lingüística e cultural, co obxectivo de que as persoas nacidas fóra de Galicia poidan ter un primeiro contacto formativo tanto coa nosa lingua como coa nosa cultura. Estes obradoiros de integración contan xa cunha longa traxectoria en Carballo posto que se levan realizando dende o ano 2005.  No obradoiro, que vai ter lugar entre o 15 de novembro e o 20 de decembro, vanse... Read More

Anxo Fernández coróase como campión galego de Taekwondo

Anxo Fernández alcanzou a primeira posición seguido moi preto por Adrián Saborido O sábado foi un día histórico para o deporte da comarca xa que 2 deportistas da Costa da Morte: Anxo Fernández e Adrián Saborido alcanzaron o podio no Campionato Galego de Taekwondo na categoría de peso pesado. A competición celebrouse a pasada fin de semana na vila de Noia.  A final foi moi disputada xa que os dous deportistas, de tan só 14 anos de idade... Read More

“O patrimonio debe ser un negocio para todos pero de xeito transparente” Manuel Gago

No serán do venres asistimos á presentación de Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI na libraría pontecesana A tenda dos libros. A obra de Xurxo Ayán (Lugo, 1976) e Manuel Gago (Ribeira, 1976) recolle “as súas experiencias coa xente do país no eido da arqueoloxía e a comunicación ao longo de quince anos”. Dende a súa saída do prelo, os autores xa fixeron presentacións en varias... Read More

“Se queremos que nos coñezan no mundo ten que ser co noso idioma”, Ignacio Vilar, director de Vilamor

A caravana Vilamor chega a Carballo despois de que comezara a súa viaxe por Galicia o pasado marzo. Para promocionar entre os carballeses o filme estarán os actores Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yañez, así como o director da película, Ignacio Vilar. Con el falamos en Compás da Costa sobre Vilamor e o cine de produción galega e en galego. Ignacio Vilar na rodaxe /Foto cedida por Vía Láctea S.L./ Nunha frase, que é Vilamor? É unha historia... Read More

A CARAVANA “VILAMOR” FAI STOP NA CAPITAL DE BERGANTIÑOS

O director e tres dos actores protagonistas (Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez) levan algo máis de tres meses recorrendo vilas, colexios, institutos e asociacións de toda Galicia nunha caravana típica dos anos 70, chamada caravana “Vilamor”, para falar en primeira persoa da película. Esta semana, o equipo fará unha parada en Carballo. Vilamor, o último filme do cineasta galego Ignacio Vilar, proxectarase no multicines Bergantiños... Read More

“O Nordestazo Rock de Malpica vai consagrarse este ano”, Santiago Romay, vicepresidente de Asociación Tralla

Herdeiros da Crus en Ordes. FOTO: Marcos Martínez. “Quero josar” di a canción de Herdeiros. “Encherme de viño ata rebentar”, continúa. Pois para gozar todos, os máis ghrandes estarán o 14 de xullo no IV Nordestazo Rock, no peirao de Malpica. Encabezando o cartel os Herdeiros da Crus a asistencia está asegurada. Santi Romay, vicepresidente da Asociación Tralla, que organiza o Nordestazo, comenta que en tan só cinco días se venderon... Read More