O monstro da Gándara

Dende sempre parecéronme curiosas as estruturas de placa e formigón que salpican a xeografía do país. Misteriosas, gardan o segredo de quen se decidiu a crear unha casa que non tiña moi seguro poder rematar. Por que comezaron a construción entón? Houbo algún impedimento legal? Só económico? A que espera o dono para acabar co monstro creado? Nisto todo ía cavilando mentres sobrevoaba a zona da Gándara en Vimianzo, buscando un novo obxectivo... Read More

De muíño en muíño por Vimianzo

Ducias de regos, ríos e canles percorren o Val de Vimianzo. Todos forman unha rede de veas e arterias creadas pola man do home durante séculos para nutrir as terras de labranza. O principal curso de auga leva o nome da vila: Vimianzo, e desemboca en Calo nas augas do río Grande. Fórmano de leste a oeste os regos de Ogas, Cambeda, Cubes e Trasouteiro. A auga ademais de utilizarse para o rego tamén se aproveitou para moer o gran na ducia de muíños... Read More