Coñecendo Vimianzo dende os catro puntos cardinais

Vimianzo é máis ca un castelo. Dolmens; aldeas, cruceiros e igrexas medievais, castros, tumbas romanas e suevas, montes… Todo isto se pode visitar en bus turístico, nas rutas que organiza o Concello cada domingo de verán, e que chegan xa á súa recta final. Por el pasaron xentes de puntos de toda a Península: dende Valencia, Madrid, Bizkaia ou La Rioja. Tamén veciños do propio concello, que se animaron a coñecer a fondo o que teñen... Read More

Os canteiros desvelan as incógnitas dos cruceiros

Cando os turistas de fóra veñen a Galicia, os guías dinlles que “onde hai un cruceiro, cometeuse un pecado”. Se isto fora certo, somos unha terra ben pecadenta, porque olles onde olles haberá unha cruz lembrando que o lugar está sacralizado. Isto vén dunha cita de Castelao: “Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e... Read More

“O patrimonio debe ser un negocio para todos pero de xeito transparente” Manuel Gago

No serán do venres asistimos á presentación de Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI na libraría pontecesana A tenda dos libros. A obra de Xurxo Ayán (Lugo, 1976) e Manuel Gago (Ribeira, 1976) recolle “as súas experiencias coa xente do país no eido da arqueoloxía e a comunicación ao longo de quince anos”. Dende a súa saída do prelo, os autores xa fixeron presentacións en varias... Read More