“Queremos impulsar aos grupos que non teñen a oportunidade de tocar noutro tipo de festivais”, Xabier Herranz, do Festival Solpor

Con motivo da celebración da primeira edición do Festival Solpor O Compás falou con Xabier Herranz, membro dun grupo de mozos pontecesáns que deciden poñer en marcha esta nova cita musical da Costa da Morte que terá lugar o próximo 19 de xullo en Ponteceso. Un festival que nace cunha idea clara: a de dar cabida aos grupos musicais da comarca. I edición do Solpor Ponteceso. Quen é a cabeza pensante deste festival e a que se debe a súa posta... Read More

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

O sábado celébrase en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Xa van, con esta, oito edicións desta cita coa música independente nacional. Posto en marcha pola Asociación Rebeldía, o sábado volve ás súas orixes apostando por grupos galegos e tamén cun cabeza de cartel de relevancia nacional. Falamos da banda Chucho, que volven aos escenarios precisamente tras oito anos fóra dos mesmos. Xunto a eles estarán 4 Waves, que amenizarán... Read More

Joe Crepúsculo, Pony Bravo e Triángulo encabezan o festival de música independente Sereas e Piratas

Cando escoitamos Sereas e Piratas chega unha imaxe á nosa mente: unha noite en Razo chea de música, brisa de mar, copa en man e boa compañía. Polo menos é o que nos pasa á xuventude carballesa e dos municipios do redor. Ao longo destes sete anos de existencia seguro que o nome deste festival de música independente xa foi soando máis aló das fronteiras da comarca e poida que este ano sexa o de tomar unha maior consciencia de que debe ser unha... Read More