“O rock and roll é para divertirse, e iso é o que vai pasar en Laxe”, Novedades Carminha

Novedades Carminha son Adrián ao baixo, Carlos á guitarra e Xavi á batería. Agochados tras un curioso nome que xorde no ano 2007 en homenaxe a “Carminha e á súa tenda de novidades en lencería cor carne en Santiago de Compostela”, forman unha das bandas de rock and roll de máis proxección a nivel estatal. Os seus concertos non deixan a ninguén indiferente pola súa forza, atrevemento e bo humor. Algo que deixaron patente no Festival... Read More

Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na Costa da Morte temos a sorte de contar co segundo festival de música... Read More

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Andaina para homenaxear a un xenio

O historiador local Roberto Mouzo, afeccionado só por non ter unha carreira, sempre gardou un cariño especial polos espléndidos Penedos de Pasarela e Traba. Durante a súa vida tivo traballado moito pola difusión e protección desta paraxe, xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Un mapa realizado por el mesmo, poucos meses antes do seu falecemento, guía agora ó visitante polo labirinto de máxicas rochas, xunto coa obra recentemente... Read More

Entroido na Costa da Morte 2013

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas imprescindibles ou singulares, pero pinchando nos concellos resaltados... Read More

Entroido en Laxe co Caietano

O día grande do Entroido en Laxe será o vindeiro 10 de febreiro, cando haberá desfile e festa de comparsas, dinamizada polo tradicional Caietano e un par de grupos de animación de zancudos da compañía Troula Animación. O programa complétase durante a semana do entroido con obradoiros pola mañá os días 11, 12 e 13, destinados aos rapaces dende os 4 aos 12 anos. Por outra banda, as tardes dos días 13 e 14 estarán ocupadas con obradoiros... Read More

Desenterrando a Trufa

Quizais a trufa sexa o froito menos común nas terras galegas. Este escuro fungo agóchase baixo terra ata que un can o revela seguindo o rastro do seu especial cheiro. Como bos sabuxos arrimamos o fuciño ao chan para atopar a nosa Trufa, camuflada na paisaxe costeira e tan codiciada como a alimenticia. A Trufa é un proxecto arquitectónico enclavado no litoral de Laxe, preto do seu límite co concello de Cabana e elaborado polo madrileño Ensamble... Read More

“Facer o que aqueles que están obrigados a facelo, non fan”

En decembro de 2008 a Xunta do bipartito declaraba como Paisaxe Protexida aos Penedos de Pasarela e Traba, por mor da ameaza de que se ía instalar alí unha canteira. Pasaron catro anos, e dende aquela o único que pasou no lugar foi que medraron os toxos e as xestas. A Consellería de Medio Ambiente tiña a obriga de aprobar no 2010 un Plan de Conservación da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, pero os papeis deberon quedar nun ficheiro... Read More

Vimianzo prepárase para dúas semanas de sendeirismo

O programa de sendeirismo desenvolto polo Concello de Vimianzo leva ós camiñantes esta fin de semana a Camariñas e xa para a seguinte ós Penedos de Pasarela e Traba. A primeira viaxe, organizada en colaboración co concello camariñán, será un percorrido costeiro de 16 quilómetros, sempre ó carón do mar polas proximidades da vila do Encaixe. Durante o camiño poderanse visitar a capela da Virxe do Monte, o Faro Vilán e pasar polo alto do... Read More

Camiño da imaxinación

Pasaron xa catro anos dende que o Goberno Galego decidira coidar das agresións ós Penedos de Pasarela e Traba, declarándoos Paisaxe Protexida. A paraxe ten a honra de compartir unha figura de protección única soamente co Val do río Navea, en Trives. A Xunta asegurara naquel momento que nun máximo de dous anos estaría listo un plan estratéxico para coidar do lugar e preparalo para a súa visita. Un peixe e unha tartaruga miran á Torre da... Read More

Páxina seguinte »