A Xunta de Galicia coloca publicidade do Día das Letras en todos os medios, agás nos que están en galego todo o ano

A Xunta de Galicia marxinou á práctica totalidade dos medios de comunicación en galego da publicidade institucional do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da “festa das nosas letras” en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou colocalos nos medios que utilizan o idioma galego. Algúns dos medios... Read More

O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico importante, máis que a nosa propia vontade e agarimo para facervos... Read More

“As persoas maiores son as que sosteñen a nosa lingua”, Mariña Pérez Rei, escritora

A escritora e profesora Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) recolle hoxe o galardón da novena edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo. A capacidade de incidencia en públicos variados, a calidade lingüística e estilística e a relación coa actualidade son algunhas das razóns que fixeron que o seu artigo resaltara entre todos os recibidos. O sotaque de Aurelia é o título do artigo. Que podemos atopar... Read More

O Couto vive de novo o seu “milagre de primavera”

A aldea pontecesá do Couto celebra xa o trixésimo primeiro ano das Festiletras, unha cita cultural que converte a Ponteceso na capital das Letras Galegas da Costa da Morte e que este ano ten un valor moi especial polos recentes premios recibidos: o da Promoción Cultural, que lle otorgou a Xunta á Fundación Eduardo Pondal; e o de Bergantiñán do Ano, convocado polo Padroado de Carballo. Como vén sendo habitual, o programa das Festiletras 2013... Read More

Así naceu a festa das Letras na aldea do Couto

Con este, xa son 30 os anos das Festiletras. Dende Compás da Costa quixemos facer unha viaxe ao pasado para lembrar como naceu e foi medrando o que xa se coñece como o festival da cultura galega máis consolidado da Costa da Morte. Falamos con Xosé María Varela Martínez, actual presidente da Asociación Monte Branco O Couto, unha das cinco entidades organizadoras. A primeira Festa das Letras tivo lugar durante a mañá do domingo posterior ao... Read More

Cabana continúa abríndose a Europa

O Concello de Cabana de Bergantiños aproveita a data das Letras Galegas para propoñer unha actividade novidosa aos seus veciños. Trátase dunha xornada de convivencia cos visitantes de Treize-Septiers. A vila francesa da rexión da Vendée leva irmandada co concello bergantiñán dende marzo do 2008. Ao longo destes últimos anos foron constantes os intercambios entre eles con viaxes dos representantes municipais e tamén  estancias dos estudantes... Read More

O teatro é o protagonista das Letras en Malpica

O concello de Malpica concentra a maior parte dos actos do Mes das Letras nesta fin de semana. O venres 18 preséntase a exposición Ondas de Irmandade (18.30), unha mostra sobre o centenario do asociacionismo mariñeiro que permanecerá exposta no Espazo Expositivo do Centro Cívico do concello costeiro do 18 de maio ao 4 de xuño. Por outra parte, a Asociación Neria organiza a entrega dos Faros Neria, premios que dita asociación entrega cada ano... Read More

Vimianzo amosa o propio na Semana das Letras

O concello de Vimianzo aproveita a Semana das Letras pra facer unha mostra das escolas de teatro e música do concello, dentro ciclo do «noso mes das letras». O Día das Letras, xoves 17, os actores máis pequenos interpretarán ás 6 e media da tarde no Auditorio dúas obras que levan preparando todo o curso.  A primeira, da Escola de Vimianzo, será A gata con botas , un conto infantil revisado do que faltan algunhas páxinas do libro, polo... Read More

CARBALLO HOMENAXEA A VALENTÍN PAZ-ANDRADE CO HABITUAL MARATÓN LITERARIO

  O xardín municipal de Carballo acolle os actos do día das Letras Galegas A capital de Bergantiños celebra o día grande das Letras Galegas cun programa de actividades que se estende a todo este mes. Como xa vén sendo habitual, o acto principal do chamado Mes das Letras é o maratón As letras en voces, que se desenvolve durante a mañá do día 17 no Xardín Municipal do concello. Os participantes len en público un fragmento literario... Read More

López Abente presente nas Letras de Muxía

O concello de Muxía celebra o día das letras cunha homenaxe a  Gonzalo López Abente, escritor muxián ao que xa se lle dedicaron as letras galegas no ano 1971. Ás 12 do mediodía terá lugar unha ofrenda floral no monumento que o autor ten dedicado na entrada da vila da Barca. Despois inaugurarase unha placa conmemorativa na casa na que viviu o poeta, así como tamén no cabo da Grixa, lugar de nacemento do escritor. O percorrido estará acompañado... Read More