De Liverpool ás Sisargas

DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS Empeza o filme. Pantalla en negro. A luz dun faro atlántico comeza a espertar. Lentamente, a ritmo de amencer nubrado. Entre as brumas debúxase, pouco a pouco, a paisaxe dunha praia. E no medio do areal… Non pode ser! No medio do areal: un piano. Un piano saído do mar! Sublime secuencia! Excelsa fotografía! Onde está ambientada a película? -En Nova Zelandia, a mediados do século XIX –afirmará quen vira “O Piano”,... Read More

Muxía rende homenaxe a Chavela Vargas

A recentemente falecida Chavela Vargas é a protagonista do programa “Galería Mulleres” deste mes. Chavela foi unha figura clave para a canción popular mexicana xa que foi quen de elevar o xénero das rancheiras a unha dimensión universal. Vargas destacou dende o primeiro momento no que comezou a cantar, a finais dos anos 50, grazas a súa actitude desafiante e a súa aposta radical. Despois dunha longa “travesía no deserto” regresou... Read More

A poesía de López Abente percorre as rúas de Muxía

A ruta chegou ata o Monte do Corpiño guiada por Xan Fernández Carrera. /Foto: Cedida/ A pasada fin de semana tivo lugar en Muxía a I Feira Outlet do Libro, esta incluía dous actos con especial relevancia. Un foi o express literario que tivo lugar o venres ás 8 da tarde e no que participaron coñecidos escritores da Costa da Morte. Pero o máis agardado foi a Ruta Abentiana por Muxía organizada pola Fundación Gonzalo López Abente. Na camiñata... Read More

Muxía dedícalle a fin de semana á literatura

O que pase a próxima fin de semana pola vila da Barca verá como esta está tomada pola poesía, a narrativa, o teatro… porque a partir do venres 3 de agosto e ata o domingo 5 celébrase a I Feira Outlet do Libro. Dentro desta feira destacan principalmente dúas actividades: a primeira é un express literario no que participarán coñecidos autores da Costa da Morte, o acto terá lugar o venres 3 ás 8 da tarde na praza do cabo da Vila. A segunda... Read More

“O patrimonio debe ser un negocio para todos pero de xeito transparente” Manuel Gago

No serán do venres asistimos á presentación de Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI na libraría pontecesana A tenda dos libros. A obra de Xurxo Ayán (Lugo, 1976) e Manuel Gago (Ribeira, 1976) recolle “as súas experiencias coa xente do país no eido da arqueoloxía e a comunicación ao longo de quince anos”. Dende a súa saída do prelo, os autores xa fixeron presentacións en varias... Read More