“Recibir apoio das institucións públicas é fundamental para promover a cultura como piar fundamental do desenvolvemento social.” Olga Fidalgo pta da ARCE Pedras Miúdas.

Olga Fidalgo, Presidenta da ARCE Pedras Miúdas Pedras Miúdas nace no ano 2008 en Lires (Cee) co obxetivo de recuperar vellas tradicións como as danzas de arcos ou das patelas, así como para promover a actividade cultural na zona. Ao longo da súa traxectoria vimos como desde a entidade se levaron a cabo diversas iniciativas como exposicións fotográficas, foliadas, xornadas ecolóxicas e deportivas e un longo etcétera. Certo é que co paso do... Read More

O Entroido de Dumbría finaliza con dúas comparsas gañadoras

Dúas comparsas resultaron gañadoras no festival de Entroido que se celebrou onte en Dumbría. Malia que a choiva estivo presente durante a celebración, o público non fallou a unha das citas obrigadas da Costa da Morte neste tempo previo á coresma. O exército de Gures converteu o desfile das comparsas nunha auténtica marcha militar. /Foto: Cedida/ O Festival de Comparsas deu comezo arredor das 5 da tarde co tradicional desfile dos participantes... Read More

O apalpador pasou por Lires cargado de castañas para os máis cativos

O Apalpador visitou Lires. /Foto: Merche Caamaño/ A pasada fin de semana celebrouse en Lires o festival de Nadal da Asociación Recreativa Cultural e Educativa Pedras Miúdas. Un encontro que se caracterizou polo bo ambiente e pola confraternización entre diferentes asociacións da Costa da Morte. O festival arrancou arredor das 5 da tarde cunha festa infantil amenizada por pallasos que deixaron as caras dos máis pequenos cheas de pintura e aos... Read More

Veciños e bañistas limpan a Praia de Lires

Algúns turistas que se atopaban na praia nese momento tamén colaboraron coas tarefas de limpeza. /Foto: Alberto Pose/ Fai unhas semanas ameazaron con poñerse mans na masa se o Concello non poñía fin ao descoido existente na Praia de Lires e finalmente cumpriron a súa promesa. Un grupo de veciños reuniuse de forma voluntaria na pequena praia da localidade para limpala. A finais do mes de xullo escoitábanse numerosas protestas por parte dos... Read More

A costa agochada de Lires

Por Jesús Bermúdez Na marxe galega máis occidental, flanqueada polos concellos de Fisterra e Muxía, sitúase a costeira parroquia de Santo Estevo de Lires. Unha parroquia pequena en extensión e con pouca  poboación, pero con importantes atractivos. Este recanto da costa ostenta a marca de posuír a ría máis pequena de Galiza, acolle a desembocadura do río Castro, constitúe o punto intermedio do Camiño de Santiago entre Fisterra é Muxía,... Read More

O voluntariado encárgase de limpar as praias da Costa da Morte perante o abandono por parte dalgúns concellos

Na Praia de Lires podemos observar numerosas ramas de árbores, plásticos e latas. /Foto: Cedida/ Xa estamos case no ecuador da tempada de verán pero na parroquia de Lires seguen á espera de que se limpe a súa praia. O concello aínda non puxo en marcha o operativo de limpeza de praias, de feito, ata onte día 27, aínda se podían presentar as solicitudes para participar no proceso de selección do mesmo. En total serán 18 traballadores os que... Read More

O folk goza de boa saúde en Lires

Gaiteiros de Pedras Miúdas A asociación Recreativa Cultural e Educativa Pedras Miúdas celebrou a pasada fin de semana a súa III xuntanza folk. Desta vez, a diferenza das anteriores o bo tempo foi o protagonista. O festival comezou arredor das 11 da noite coa actuación das pandereteiras de Pedras Miúdas. Despois sería a quenda da banda de gaitas, tamén de Pedras Miúdas. Agrupación que, por certo, xa leva varios anos en marcha facéndose cada... Read More