Ponteceso fala na voz dos seus veciños

No serán de hoxe terá lugar a presentación pública de Ponte na Fala, que trata de recuperar e conservar a literatura popular oral de Ponteceso. O acto central estará guiado pola conferencia de Antonio Reigosa, que falará dos valores literarios e simbólicos do proxecto. Así mesmo, será unha oportunidade para que se reúnan os informantes e intercambien contos e cantigas. Por outra parte,  ás 11 de mañá, realizarase un obradoiro de arrolos,... Read More

As illas do erotismo aceptan lírica

Co bater das ondas do mar nos primeiros días do outono, a poesía erótica chega a Malpica da man da Asociación Cultural Caldeirón e coa colaboración do concello. Baixo o nome do arquipélago máis coñecido da Costa da Morte chegan á vila dende hai sete anos os versos máis ardentes de calquera punto do país para probar sorte no certame literario. O prazo para recibir as obras estará aberto ata o vindeiro 24 de outubro. Os poemas de temática... Read More

A Praza dos Libros de Carballo arranca este xoves

Carballo converterase un ano máis na capital da cultura da Costa da Morte a próxima fin de semana. Desde o xoves 23 ao domingo 26 de agosto a capital bergantiñá acolle a Praza dos Libros, feira literaria que o concello organiza desde o ano 2006 co obxectivo de levar á rúa e achegarlle á cidadanía diversas creacións literarias galegas. Praza dos libros 2011. /Foto: Noelia Antelo/ A boa nova desta edición é o aumento de casetas participantes,... Read More

“O patrimonio debe ser un negocio para todos pero de xeito transparente” Manuel Gago

No serán do venres asistimos á presentación de Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI na libraría pontecesana A tenda dos libros. A obra de Xurxo Ayán (Lugo, 1976) e Manuel Gago (Ribeira, 1976) recolle “as súas experiencias coa xente do país no eido da arqueoloxía e a comunicación ao longo de quince anos”. Dende a súa saída do prelo, os autores xa fixeron presentacións en varias... Read More

Aberto o prazo para presentar obras ao VI Certame de poesía Antón Zapata

A Concellaría de Cultura e Benestar do concello de Laxe abre a convocatoria para presentar obras ao VI Certame de poesía Antón Zapata García, que permanece dispoñible ata o 20 de agosto. O concurso que honra ao poeta laxense está pensado para autores de calquera procedencia e que usen tanto o galego como o castelan nas súas composicións. A extensión e temática dos traballos é libre, pero deben estar inéditos. Os poetas poden inscribirse... Read More

“Ponte na fala” fomenta a recuperación da tradición oral de Ponteceso

Primeiro contacto con algúns dos participantes no proxecto. /CEDIDA/ O Concello de Ponteceso desenvolve o proxecto Ponte na fala, que conta coa subvención da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia. A iniciativa trata de recuperar e conservar a literatura oral popular do concello. Para tal obxectivo conta coa axuda das asociacións das distintas parroquias así como tamén están abertos a calquera colaboración por... Read More