“Durante o proceso de elaboración de Gin Sea non entra en xogo nada que non sexa natural”. Manuel Barrientos, creador de Gin Sea

Malia ter estudado Terapia Ocupacional, este mozo de Dumbría rematou exercendo de sumiller e maître tras cursar os Estudos Superiores de Sumillería na Escola San Javier da Coruña. Así, con tan só 29 anos xa é todo un profesional no mundo dos licores, porque acaba de crear unha nova xenebra que leva por nome Gin Sea. Un licor que nos lembra no seu apelido ao mar bravo da Costa da Morte. Como e cando xurde a idea de crear Gin Sea? A idea ven... Read More

Gin Sea, unha xenebra con raíces galegas

O actor galego Luís Iglesia é a imaxe publicitaria de Gin Sea Este venres preséntase no Boulevard Fisterra Gin Sea, unha xenebra ideada polo sumiller Manuel Barrientos. Esta presentación será entre as 10 da noite e a 1 da madrugada e irá acompañada dunha sesión Chill Out da man de FER DJ e Brais the Nice, dous coñecidos picadiscos da vila. Gin Sea Na elaboración de Gin Sea participaron arredor dunhas 100 persoas dirixidas polo dumbriés... Read More

Muxía dedícalle a fin de semana á literatura

O que pase a próxima fin de semana pola vila da Barca verá como esta está tomada pola poesía, a narrativa, o teatro… porque a partir do venres 3 de agosto e ata o domingo 5 celébrase a I Feira Outlet do Libro. Dentro desta feira destacan principalmente dúas actividades: a primeira é un express literario no que participarán coñecidos autores da Costa da Morte, o acto terá lugar o venres 3 ás 8 da tarde na praza do cabo da Vila. A segunda... Read More