A marea de dignidade viaxa en maletas polos institutos

O colectivo Burla Negra, formado pola xente da cultura que se comprometeu cos movementos sociais trala catástrofe do Prestige, volve a acción dez anos despois. Onte comezaron as iniciativas da campaña DésPrestige, que seguirá hoxe co DesConcerto Expansivo, a celebración de case cincuenta actos culturais simultáneos arredor de toda Galicia.  A acción DesEducaAcción arrincou onte pola mañá no auditorio de Laxe, co gallo de lembrar... Read More

O mar non é de ninguén

Para os homes e mulleres con dignidade Estábamos ceando á luz dunha vela. Non era unha cea romántica. Era novembro. Non había luz na casa, coma tantas outras veces no outono. Caería algunha fase, dicían os vellos. Aquel foi o primeiro día que oímos un nome que nunca esqueceremos: Prestige. A luz volveu pero non aclarou nada. Os días seguintes estiveron cheos de desacougo e medias verdades. O barco paseaba coma un caldeiro furado deixando... Read More

Fomos ficando sós, o mar, o barco e máis nós

Fago o atrevemento de tomar estes versos do poeta Manoel Antonio como título da miña reflexión porque coido recollen a esencia do que foron aqueles días de 2002, cando a costa era loito e os galegos precisábamos máis axuda que nunca. Cando se van cumprir dez anos do desastre ecolóxico do Prestige, Isabel Coixet presenta o seu documental Marea Blanca como homenaxe a todos aqueles que axudaron na limpeza da costa. Non é o primeiro nin será... Read More