A Mikaela encheu de troula as rúas de Buño

Calquera escusa é boa para seguir celebrando o Entroido. E se falamos da Mikaela de Buño, mellor. A pequena vila malpicá acolleu este sábado a centos de persoas, tanto veciños coma xente de fóra. Sobre todo mozos, pero tamén maiores e cativos, buscaron no armario o último disfrace deste ano para despedir o Entroido por todo o alto. A Mikaela durante a “misa” na súa honra Á media tarde saía a figura da muller de curvas prominentes... Read More

As festas infantís e as comparsas, principais protagonistas do Entroido en Malpica

O concello de Malpica celebra o Entroido desde hoxe ata o próximo domingo 17. Máis dunha semana de festexos na que non faltarán os tradicionais concursos de comparsas ademais de personaxes habituais como a Mikaela, o Faustino e o Farruco. O entroido comeza esta tarde na localidade costeira cunha Festa Infantil na Ludoteca Municipal de 17.00 a 18.30 horas (só para os rapaces e rapazas da Ludoteca) Mañá venres, de 10.00 a 11.30 horas, haberá... Read More