Descubre Muxía con Xan Fernández

Faro da Praia do Lago. /Foto: Manuel Rial/ Se hai unha persoa que destaque polo gran coñecemento de Muxía e do seu concello ese é Xan Fernández Carrera. Grazas ao autor muxián temos numerosas guías sobre a vila da Barca, así como diversas rutas para coñecer algún lugar peculiar do concello que ás veces queda esquecido nos mapas turísticos. Co gallo do Nadal, o Concello de Muxía organiza visitas guiadas a dous dos seus emblemas arquitectónicos... Read More

Os pecados que se están a esvaecer en San Xulián de Moraime

Por Laura Lor As pinturas murais de San Xulián de Moraime representan os sete pecados capitais e a morte como un ciclo articulado ó longo do muro norte desta igrexa románica do século XII –hoxe parroquial, na Idade Media a dun importante mosteiro-. Estas representacións teñen un interese fundamental como patrimonio histórico-artístico e como testemuña cultural, pois son un exemplo único que recolle tradicións, sobre todo literarias... Read More

O Monte de San Roque gozou da festa en familia. Fotogaleria

Charanga, folk, touro mecánico, xantar, merenda… e moitas palabras máis poderían definir o que significa a Romaría de San Roque de Moraime, unha festa tradicional que se recuperou anos atrás coa intención de que a xente volvese ao monte de San Roque a facer as súas merendas, o obxectivo está máis que conseguido. Fotos: Merche Caamaño , A charanga Támega animou aos asistentes O presidente da comisión de festas tamén gozou... Read More

Máis de 30 persoas participaron na ruta Muxía-Moraime

A visita a Moraime estivo guiada por Xan Fernández e Manuel Vilar O pasado sábado máis de 30 persoas participaron, a pesares do mal tempo, na ruta que o Concello de Muxía organizou ata o Mosteiro de Moraime. A visita estivo guiada polo escritor Xan Fernández Carrera e polo historiador Manuel Vilar. No acto estiveron presentes algúns persoeiros da comarca como o poeta Miro Villar.  O Mosteiro de Moraime é sen dúbida, un dos edificios máis... Read More