“A Mostra de Cee está absolutamente eliminada do noso pensamento” Toño Casais

Pódese dicir que para o actor ceense Toño Casais o 2012 foi un ano intenso: “Pelos na lingua” é todo un éxito de público e crítica; é elixido presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia; despide para sempre a Mostra de Teatro de Cee e, agora, presenta esta semana “O método Gronhölm”, unha coprodución co FIOT. Logo de dúas funcións cheas de público, presenta esta tarde en Vimianzo a terceira función,... Read More

O protagonista en Laxe é o teatro afeccionado

Se en Carballo está o FIOT en Laxe non queren ser menos e programan tamén para outubro un mes de teatro. A diferenza do nomeado festival, na vila mariñeira o protagonista é o teatro afeccionado. A IV Mostra de Outono de Teatro (MOTA) ofrecerá actuacións de balde todos os domingos de outubro. Por segundo ano consecutivo, a MOTA está organizada pola Asociación de Teatro Folerpas en colaboración co concello de Laxe e a deputación da Coruña.... Read More

Cee despide esta noite á súa derradeira Mostra de Teatro

E chegou o día. Hoxe Cee celebra a festa do teatro, pero tamén chora a perda do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. Logo dun cuarto de século a Mostra de Teatro, organizado pola compañía Talía Teatro, di adeus para sempre, logo de agonizar durante os últimos anos por falta de apoio institucional. Os nenos gozarán durante todo o día con actuacións de rúa e tamén no propio salón de actos do concello. Alí, ás 12 e media... Read More

Cabaré e Cadaval na Mostra desta noite en Cee

A Mostra de Teatro de Cee estase a vivir dun xeito moi intenso e emotivo, xa que esta edición será a derradeira logo de 25 anos de historia. Paradoxalmente para preparar a despedida de mañá, esta xornada afróntase con humor. "Nana para un soldado" Ghazafelhos   As tres primeiras funcións, como de costume, están orientadas a todos os públicos. Ás 12.30, estarán no Salón de Actos do Concello os Ghazafelhos con Nana para un... Read More

Comeza a XXV e última Mostra de Teatro de Cee

Como xa o anunciamos o pasado 8 de agosto, a Mostra de Teatro de Cee deste ano vai ser a definitiva. Deste xeito, Talía Teatro baixa a persiana nas vodas de prata do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. As representacións comezarán o día 23 de agosto e prolongaranse ata o día 26, durante estes 4 días veremos pasar polos escenarios un total de 19 compañías que nos traerán 20 espectáculos. Como xa ocorreu en edicións anteriores... Read More

A XXV Mostra de Teatro de Cee será a derradeira

O cartel desta edición da Mostra de Teatro de Cee xa o di todo. Talía Teatro baixa a persiana nas vodas de prata do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. Unha bosta con moscas voando enriba das tres letras que marcaban o final dos filmes deixa ben claro que non haberá outra. Artur Trillo e Toño Casais, os máximos responsables da Asociación Cultural Talía Teatro de Cee deron a presentación é ó mesmo tempo o adeus no mediodía... Read More

Último día para ver a Exposición das antas

Polas antas e mámoas da Costa da Morte é o título da obra máis coñecida quizais creada polo Seminario de Estudos Comarcais. Xosé María Lema Suárez propón unha viaxe guiada polos dolmens máis representativos da zona, de norte a sur. Un percorrido polos enterramentos dos nosos antergos que comeza cunha introducción explicativa do que é unha anta e a súa contextualización na cultura megalítica. Á esquerda, mapa deseñado por Roberto Mouzo.... Read More