Baio xa ten biblioteca

Unha das máis vellas reivindicacións dos veciños de Baio por fin é unha realidade.  Aínda que xa levaba un tempo aberta, o venres inaugurouse oficialmente a axencia de lectura da vila coa presentación do libro de cociña de Juan Bautista. O auditorio do pavillón quedou pequeno para acoller a toda a xente da zona que quería acompañar ao cociñeiro do restaurante A Lareira. Rocío Romar, Jorge Mira, Manuel Muíño e Juan Bautista presentando... Read More

O teatro será o rei na programación cultural de novembro en Cee

O teatro vai ser o principal protagonista dentro das actividades culturais programadas polo Concello de Cee para este mes de novembro. As representacións darán comezo a vindeira fin de semana posto que o sábado poderemos gozar de Laretadas, monólogo do actor Josito Porto; e o domingo será a quenda da escola Municipal de Teatro de Muxía coa obra O médico a paus. Non todo o teatro queda aí: ao domingo seguinte, será a Escola Municipal de Teatro... Read More

Laxe apoia os pequenos actores

A vindeira fin de semana Laxe encherase de pequenos actores, xa que terá lugar o V Festival de Teatro Escolar “Teatrapa”. Aproveitando que remata o curso da Escola de Teatro Municipal de Laxe, os alumnos amosarán o traballo desenvolvido ao longo de todo o ano baixo a dirección de Afonso García, o mestre do grupo Alentía Teatro. Este ano a escola superou o seu record de alumnado con 57 inscritos nos diferentes niveis: infantil, primaria e... Read More