“Recibir apoio das institucións públicas é fundamental para promover a cultura como piar fundamental do desenvolvemento social.” Olga Fidalgo pta da ARCE Pedras Miúdas.

Olga Fidalgo, Presidenta da ARCE Pedras Miúdas Pedras Miúdas nace no ano 2008 en Lires (Cee) co obxetivo de recuperar vellas tradicións como as danzas de arcos ou das patelas, así como para promover a actividade cultural na zona. Ao longo da súa traxectoria vimos como desde a entidade se levaron a cabo diversas iniciativas como exposicións fotográficas, foliadas, xornadas ecolóxicas e deportivas e un longo etcétera. Certo é que co paso do... Read More

Budiño, La Pegatina e O Sonoro Maxín no primeiro Asalto da Reconstrución

O Asalto deste ano ben puidera chamarse “A Revancha”. Logo de que a primeira revolta irmandiña fora sufocada, os campesiños ármanse de valor para destruír o que os señores feudais obrigaron a reconstruír. De aí o nome desta decimo sétima edición da festa máis senlleira de Vimianzo: a Reconstrución. Nunha animada gala-casting, as almas da Asociación Xuvenil Cherinkas deron as claves da festa do Asalto, que este ano se alonga... Read More

A enerxía da muiñeira animou unha das edicións máis austeras do festival de Brens

O pasado sábado 21, a Asociación Cultural e Deportiva Brens celebrou a XXII edición do festival folclórico enmarcado dentro da XXVIII Mostra Cultural de Brens. En total participaron 5 agrupacións de baile que estiveron acompañadas polos grupos de gaitas dos Buxantes e Lires e tamén polas pandereteiras de Brens. A diferenza de anos anteriores, o festival comezou ás 20:30 horas, unha hora antes do habitual debido a que nesta ocasión non puideron... Read More

Baio lembra a Labarta Pose

Os rapaces de Baio representan a Labarta Co gallo das Letras Galegas en Baio lembraron ao seu ilustre veciño Enrique Labarta Pose(1863-1925). Os baieses levan anos pedindo o recoñecemento por parte da Real Academia Galega para este xornalista e escritor, que fundou importantes xornais na Galicia de principios do XX. A súa produción sobresae polo humor, que se manifesta sobre todo nos contos. Como poeta encádrase na liña costumista de finais... Read More

Cabana continúa abríndose a Europa

O Concello de Cabana de Bergantiños aproveita a data das Letras Galegas para propoñer unha actividade novidosa aos seus veciños. Trátase dunha xornada de convivencia cos visitantes de Treize-Septiers. A vila francesa da rexión da Vendée leva irmandada co concello bergantiñán dende marzo do 2008. Ao longo destes últimos anos foron constantes os intercambios entre eles con viaxes dos representantes municipais e tamén  estancias dos estudantes... Read More

Vimianzo amosa o propio na Semana das Letras

O concello de Vimianzo aproveita a Semana das Letras pra facer unha mostra das escolas de teatro e música do concello, dentro ciclo do «noso mes das letras». O Día das Letras, xoves 17, os actores máis pequenos interpretarán ás 6 e media da tarde no Auditorio dúas obras que levan preparando todo o curso.  A primeira, da Escola de Vimianzo, será A gata con botas , un conto infantil revisado do que faltan algunhas páxinas do libro, polo... Read More