“Esperamos compensar a desilusión do ano pasado. Darémolo todo”, Nita de Fuel Fandango

A mestura de electro, funk, rock, pop e flamenco, creada pola cantante Nita e o produtor Ale Acosta, deixarase sentir no concerto que este dúo canario-cordobés ofrecerá mañá na praia de Balarés (Ponteceso). Centrados en descolocar ao público coa súa espectacular posta en escena e os seus axitados e contundentes directos, Fuel Fandango chegan de novo a Galicia –na súa única cita do verán aquí- para presentar o seu último traballo Trece... Read More

“Somos uns amantes dos festivais ao aire libre e vai seguir sendo desta maneira” Adrián Varela, presidente do colectivo V de Valarés

Os amantes da natureza e da boa música teñen unha cita este sábado na praia pontecesá de Balarés. Alí celebrarase a sétima edición do con V de Valarés, festival de música independente que medra ano tras ano e que nesta ocasión conta cun sólido e cargado cartel de concertos. Deixaranse escoitar recoñecidos grupos do panorama musical español como Fuel Fandango, El Columpio Asesino ou Los Coronas e outro elenco de bandas como The Bright,... Read More

“Son Dumbría, Costa da Morte. Se non volvera aquí deixaría de ser quen son”, Begoña Corbal

Begoña Corbal traballa no departamento de fotografía online dunha das cadeas do Grupo Inditex. “Xornalista, fotógrafa, bailarina de ballet, doctoranda, amiga e amante, viaxeira e un sen fin de cousas miúdas”. Así se define ela. Begoña Corbal naceu na Coruña un 25 de maio de 1988 aínda que está empadroada no Concello de Dumbría desde o 2009. A afección pola fotografía vénlle desde moi cativa por influencia de seu pai. Conta que o vínculo... Read More

A aldea que vixía o mar

O vento sopra forte, pero este parece un bo refuxio da costa. Nunha ladeira de gran pendente fronte ao océano, cunha magnífica visión da enseada, comeza a erguerse un edificio con grandes bloques de pedra. Chegar ata aquí foi difícil, pero sen ningunha dúbida é o lugar perfecto. Soedade, illamento, silencio, natureza, mar e terra. Ingredientes perfectos para a vida retirada de oración dun grupo de eremitas da orde de Bieito. Alí constrúen... Read More

Areas descoñecidas

A praia de San Pedro vista dende o comezo da baixada Coa chegada das altas temperaturas estivais os veciños da Costa da Morte gostamos de achegarnos ás vilas mariñeiras para disfrutar das praias. A cotío se fala da praia de Laxe, inmortalizada para sempre nos miolos dos galegos pola serie Mareas Vivas. Aquel Portozás da ficción converteuse nunha das vilas  máis turísticas da Costa da Morte. Non en van, tanto os habitantes da zona como os... Read More