Distintos actos conmemorarán o Día Contra a Violencia de Xénero

O vindeiro 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. Para conmemorar esta data o Concello de Cee xunto co Centro de Atención ás Mulleres ten preparadas diversas actividades que darán comezo o próximo día  23 de novembro cunha Concentración diante da Casa do Concello na que a Concelleira de Igualdade, Mabel Fernández Durán, lerá un manifesto. Os actos continuarán ao día seguinte no Salón... Read More

Carballo vive “Novembro con música”

Esta fin de semana comezou na capital de Bergantiños un mes cheo de concertos e actividades musicais. O venres celebrouse con éxito o festival de rock Live in Cances e o sábado un concerto de música tradicional. Pero estas son só as primeiras actividades dunha lista que continúa todo o mes: Sábado 17 – Festival de Corais Dúas corais de Bergantiños realizan este festival no auditorio do Pazo da Cultura ás 21.00h. Son o Coro Aires de... Read More

O teatro será o rei na programación cultural de novembro en Cee

O teatro vai ser o principal protagonista dentro das actividades culturais programadas polo Concello de Cee para este mes de novembro. As representacións darán comezo a vindeira fin de semana posto que o sábado poderemos gozar de Laretadas, monólogo do actor Josito Porto; e o domingo será a quenda da escola Municipal de Teatro de Muxía coa obra O médico a paus. Non todo o teatro queda aí: ao domingo seguinte, será a Escola Municipal de Teatro... Read More

Novembro de teatro galego

Tralo rotundo éxito do FIOT en Carballo, novembro traénos espectáculos de novo á Costa da Morte cun pequeno ciclo en Ponteceso. Os sábados deste mes están protagonizados polo noso teatro na terra de Pondal. A colaboración entre o concello pontecesán e a A.C. Monte Branco permite que polas táboas da Casa dos Veciños do Couto pasen tres compañías galegas de longo percorrido e un espectáculo de maxia. O vindeiro sábado abre o ciclo a compañía Teatro... Read More

Un outono de luxo para a Casa da Cultura de Vimianzo

Preto dunha ducia de espectáculos, do máis alto nivel nacional e sen ter que pagar un peso. Parece incrible, pero é verdade. Trátase da programación dos domingos da Casa da Cultura de Vimianzo, que volve ser temática: outubro será tempo de teatro; novembro, tempo de música e decembro, tempo de Nadal. Tempo de teatro O teatro comeza xa nas últimas horas de vida de setembro, coa representación da Función do tequila, do Teatro do Morcego.... Read More